POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

10 de mar. de 2012

Deseña unha xoia para a túa nai


Estes días pasados, estivemos distribuíndo no comedor os dípticos do III Certame de Xoiería “Deseña unha xoia para a túa nai”.


Antes de comezar a repartilos, tivemos un contacto co Colexio de Xoieiros para saber algo máis do certame, e nos facilitaron unha caixa enteira de dípticos. Como veredes teñen unha parte onde se fai o debuxo/deseño e  outra onde se poden cubrir os datos dos participantes.
A participación ten carácter individual, polo que cada quen debería encargarse de facer chegar o que queira presentar. Pero existe a posibilidade de facer un envío colectivo se hai quen o considere.

Se non volo demos xa, podedes recoller os dípticos no comedor, e no seu caso depositalos na caixa de correo (buzón para os non iniciados...) no mesmo sitio. Alí os recolleremos a máis tardar o venres 23 cando se peche o comedor, para poder envialos ao Colexio de Xoieiros antes do 26.

Dúas observacións: non imos revisar nada. Asegurádevos de poñer todos os datos necesarios. A outra: contádeo por aí, aos que non son socios, que hai dípticos a eito. E senón tamén se poden pillar na web


Ademais, hai unha mención especial para o centro que presente máis propostas. Estaría ben...

Xúntovos o enlace da entrega de premios do ano anterior e o documento dos deseños premiados


Apertas
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan