POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

7 de mar. de 2012

Libros e novidades


Quen se lembra daquel correo de finais de novembro?

Participación Cidadá ofrécenos libros descatalogados de 1º e 3º de ESO, que poderían servir de libros de consulta para os que xa teñades nenos/as neses cursos, ou os poidades ter nun futuro máis ou menos inmediato.
Polo que nos contan son de todas as materias. Se tedes interés en quedar con algún, facédenolo constar por esta canle, contestando ao correo.
Un saúdo.
Pois finalmente están a bordo. (Grazas Romina e Borja, e á xente da Vanette)

Foto cortesía de iFoto Camilo




Alí, soíños, agardando no chan do local, para quen os queira recoller.

Pois quen os queira que os pida. Vía correo-e ou móbil. E quedamos para pillalos. Hainos de todas as mateiras, de unhas máis que de outras, en xeral usados, salvo os de lectura, que curiosamente están case novos. Non se fan reservas....





NOVIDADE 1

Seica algún xa mirou a Sir Ken. 18 minutos con sustancia e ademais divertidos. Hai moitos máis coma este no mesmo sitio. Iremos buscando e invitámosvos a explorar e propoñer para a divulgación. Porque esa é a idea de TED, unha organización sen animo de lucro, que xurdiu no ano 1994 nos USA (algo bo teñen que ter....), co propósito de difundir ideas que merezan a pena ser difundidas. Se iniciou con encontros locais, e logo chegou á rede, onde persoas de diferentes eidos nos formulan sempre en 18 minutos, ás súas mellores ocorrencias. Pois tendes o enlace á páxina web onde atopar vídeos cos subtítulos en spanish, en galician, e noutras moitas linguas.
Que o gocedes.

NOVIDADE 2

O outro novo enlace, non é tan pracenteiro. Pero é real. E as veces perdemos a conciencia delo na pelexa diaria. Unha páxina onde se poden ver en tempo real dende a cantidade de días que quedan de petróleo ata canta xente no mundo aínda non ten acceso á auga potable.  Está baseada nun algoritmo (con perdón...) que fai os cálculos en base a datos estatísticos de moi diversas fontes oficiais.
Setemilmillóns e pico de persoas son un lote de xente. Si que hai máis xente no mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan