POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

05/03/2012

Os martes falamos de educación


Dende hai unhas semanas, logo da xuntanza do sábado 4 de febreiro, reiniciamos as aulas sobre “Falar de Educación” coas familias, dirixidas por Jose Luís González, nas instalacións da biblioteca do colexio.

Cada martes, ás 18:30 hs, reunímonos para escoitar e compartir cuestións sobre habilidades cognitivas ou habilidades mentais. Cada semana unha horiña e pouco dun dos temas.

Este próximo martes 6 de marzo, toca cognitivas e contaremos coa presenza de Raúl Fraguela, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña para tratar sobre como incorporar na nosa vida ordinaria o ejercicio físico, a importancia da alimentación, etc.

Estás invitado/a. Non hai que traer chándal....



  

HABILIDADES COGNITIVAS
As habilidades cognitivas son aquelas que se poñen en marcha para analizar e comprender a información recibida e, de maneira permanente, progresar en coñecemento. Desenvolver as habilidades cognitivas tradúcese basicamente en aumentar as competencias intelectuais: observar, analizar, ordenar, clasificar, representar, memorizar, interpretar, avaliar…. A curiosidade por saber produce un proído cunha soá cura: seguir aprendendo.

HABILIDADES MENTAIS
Neste grupo traballaremos as competencias persoais que permitan a mellora da autonomía persoal, o autocontrol emocional e a motivación. E as competencias sociais, isto é, o como entramos en relación cos demais: comunicación, intercambio, traballo en grupo, colaboración, resolución de conflictos....
Falaremos, en definitiva, de todo aquilo que permita a mellora das condutas e de dotar de ferramentas para poder enfrontarse a calquera situación persoal ou social que se nos presente.

1 comentario:

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e