POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

4 de maio de 2012

CARTAS Á PRESIDENCIA


A MAIOR PARTE DAS VECES (1ª parte)


A maior parte das veces, imos aprendendo cousas e cambiando a nosa visión do mundo dunha forma tan paulatina, que nin nos decatamos de que estamos cambiando; outras veces sucédennos cousas, boas ou malas, que de forma dramática danlle a volta á nosa vida; e algunhas veces un feito completamente trivial márcanos para sempre, e cando está pasando sabes que algo vai cambiar en ti sen remedio. A min isto pasoume varias veces, a primeira que recordo foi ós 9 anos con unha frase de Tarzán na película “Tarzán en Nueva York”, cando preguntaba aquelo de: “¿Y después que hacer con tiempo?”; tamén me pasou cando un profesor de filosofía no instituto me explicou a importancia do azar na “Teoría da evolución” de Darwin; e pasoume outra vez antes de que nacera o meu fillo.

Cando estaba embarazada, unha amiga prestoume un libro sobre crianza que empecei a ler sen moitas ganas porque pensei que se trataba dun deses libros que te informan de cada paso da xestación e do que se ten que facer unha vez que nace o bebé; pero a miña sorpresa foi que en lugar de resolver todas as dúbidas que tiña ou que nin sequera sabía que se podían ter sobre o tema, ese libro escrito por un simpático e peculiar pediatra, reveloume algo do que nunca fora consciente, conseguiu que respectara profundamente ó meu bebé, que desde antes de que nacera, fixera prioritarios os seus instintos e a súas necesidades, que entendera que un fillo non é un cacho de barro que hai que modelar ata conseguir facer del o que eu queira que sexa sen importar os medios utilizados ó efecto, senón unha delicada semente que hai que amar, coidar e protexer de acordo coas súas propias necesidades ata que se vaia convertendo no que teña que ser e se poida ir coidando só e por fin poder deixalo ir coa convicción de que estará ben.

Esta revelación non foi un simple detalle curioso, foi un cambio radical na miña forma de ver a vida e de considerar a miña responsabilidade como nai e como persoa sobre todo no que se refire ó relacionado coa crianza, e a educación de nenos e adultos. Supuxo un cambio substancial das miñas prioridades vitais e da miña forma de enfrontarme a case que todo na vida. Ver que criar ó meu fillo da mellor forma posible ía supoñer unha busca constante de como mostrar sen impoñer, de como educar sen manipular, un exercicio constante de autocrítica e flexibilidade, e o máis difícil: un traballo constante de desaprendizaxe, unha loita contra o aprendido dunha forma tan subliminal que costa ata crer que non sexa parte de min senón só algo que me ensinaron sen que me decatase.

Ángeles Porteiro


Nesta nova entrada imos ir incluíndo escritos que as socias, socios  e colaboradores, nos vaian facendo chegar, a xeito da sección dos xornais na que tamén se recollen escritos dos lectores. En todo caso, aplicando os mesmos criterios de respecto e corrección que veñen definidos na netiqueta ao máis que chegaremos será á revisión lingüística en acordo co autor ou autora, antes da súa publicación.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
En esta nueva entrada, iremos incluyendo escritos que socias, socios y colaboradores nos vayan enviando, como en la sección de los periódicos en la que también se recogen escritos de los lectores. En todo caso, aplicando los mismos criterios de respeto y correción que vienen definidos en la netiqueta, como mucho interviniendo en la revisión lingüística de acuerdo con el autor o autora, antes de su publicación.

1 comentario:

  1. Moi interesante.. A xente debería decidirse a escribir máis. Un saúdo.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan