POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de maio de 2012

CIRCULAR INFORMATIVA 02/2011-12



21/05/12
En aplicación das atribucións que me outorgan os Estatutos, convoco a socias e socios á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro xoves 31 de maio de 2012, no Colexio, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede. 
  2. Informe de actividade. 
  3. Plans e proxectos para o próximo curso. 
  4. Presentación de contas. 
  5. Revisión de cotas para os servizos de conciliación. 
  6. Petición de uso compartido de servizos. 
  7. Información sobre o proceso de aprobación dos novos estatutos.
  8. Reestructuración da XD: baixas e incorporacións.
  9. Socios de Honra.
  10. Rogos e preguntas. 

A Asemblea desenvolverase no espazo de actividades a carón do comedor escolar, sendo a entrada polo portalón azul de recollida dos nenos e nenas. A hora de celebración será ás 19:30 hs en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda. Será requirida identificación.

Camilo Rey Asorey
Presidente

Importante: dado que como veredes na presentación de contas, este curso produciuse un desaxuste no equilibrio dos ingresos e gastos dos servizos, e que na data de hoxe non se produciu aínda a convocatoria de subvencións para os comedores xestionados por Anpas para este curso, e preciso axustar ao custe real as cotas dos servizos para o próximo, cousa que explicaremos no quinto punto. 
Xunto coa copia da convocatoria para os socios/as, que non exclúe a presenza de nais e pais que hoxe non o sexan, incluímos unha enquisa para todo o colectivo, na que intentamos recoller información sobre a percepción xeral da actividade da Anpa e das necesidades e intereses de todos os que temos nenos e nenas neste centro. Unha vez cuberta podedes depositala nunha caixón/urna que colocaremos no pavillón administrativo ou ben na caixa de correo instalada no comedor. Recolleremos enquisas ate o último día lectivo do curso, o 22 de xuño. 
Continuando coa campaña de doazón de medula ósea, na que estamos colaborando pola iniciativa da Anpa do Ceip Novo, atoparedes unha copia do díptico da Fundación Josep Carreras (escaneado, non o temos en formato dixital, sorry) con información sobre o procedemento de doazón, e un adhesivo da campaña. 
Para os/as que teñades nenos/as cursando 6º de Primaria, lembrámosvos que temos libros descatalogados de 1º e 3º da ESO, que vos poderán servir como libro de consulta, de practicamente todas as materias (de unha máis, de outras menos). Son libros usados, aínda que algúns, bastantes non o parecen. Se queredes facervos con eles estaremos no local da Anpa, no Pavillón de Infantil, abaixo de todo, os días 4 e 5 de xuño de 17 a 20 hs. 
Está prevista unha nova Xornada de Familias, da que vos faremos saber o contido e condicións de inscrición proximamente, para o sábado 16 de xuño. Volveremos a falar de cousas que nos interesan a todos, comeremos xuntos en familia, e adicaremos a sobremesa a un faladoiro relaxado.
Un saúdo,
XD
24/05/12

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan