POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

4 de xuño de 2012

AXUDAS LIBROS TEXTO 2012-13

Ate o 2 de xullo de 2012  pódense solicitar axudas para a adquisición de libros de texto en educación primaria e tamén para educación especial. Para secundaria hai outros prazos. No próximo curso todos os niveis están afectados por esta norma. Presentase unha solicitude por alumno/a.

Documentación a presentar: Fotocopia do Libro de Familia, que inclúa as follas onde aparecen todos os membros, o impreso de solicitude cuberto e asinado por todos os membros da familia que declaren ingresos, nai, pai,… (Anexo I). Se existe algunha discapacidade ou no caso de situación de violencia de xénero tamén se debe aportar a documentación acreditativa. O que se terá en conta para esta solicitude e á situación familiar a 31 de decembro de 2010, non a posteriori. De todo isto hai que presentar copia e orixinal a efectos de verificación. Lembrade sempre que presentedes algún impreso (neste caso do Anexo I xa cuberto) en calquera lugar, levade unha copia para que a selen co rexistro de entrada.

Onde se presenta?: Na secretaría do colexio. Se levades a documentación preparada e completa, facilitaredes o seu traballo e a xestión da solicitude.

É condición imprescindible para acceder ás axudas ter unha renda per cápita inferior a 9.000 euros. Falamos de dividir os ingresos indicados na declaración da renda polo número de membros da familia. Se a cifra resultante e inferior a esa cantidade, pódese optar á axuda. Ollo, na orde indícase que o cálculo se fai sobre a renda do 2010. Para os efectos do cálculo se computarán os ingresos de todos os membros da unidade familiar, recollidos nos recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Segundo a orde da convocatoria, este é o baremo de axudas para primaria (casos especiais aparte):

Familias monoparentais:
Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Resto das familias:
Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Unha vez aceptada polo sistema de xestión a solicitude, este emitirá un vale polo importe correspondente, que unha vez selado polo centro e asinado polo director, será entregado á persoa solicitante, que poderá empregalo para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico complementario, tal e como se indica na mesma orde, nas librerías inscritas no procedemento. Igual que se fixo no ano anterior, unha vez remate o proceso de solicitudes, o centro indicará uns prazos para poder recoller os vales en secretaría.

A solicitude de axudas supón a autorización explícita para a comprobación dos datos económicos e familiares consignados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan