POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

22 de maio de 2012

XA TEMOS UN CARBALLO

Lembraredes o de apuntármonos ao CO2 Neutral.
Pois hoxe chegounos a noticia de que xa temos un carballo, entre Alemaña, Chequia e Polonia.
E nos mándan unha foto do recién


O sitio chámase Görlitz. Igual ten algo que ver con Goiriz, vai ti saber. E como vedes hai moitos máis. Dende iplantree, a traves de Geniale, nos fan saber que xa levan con esta campaña 379 plantados e o 82% da superficie prevista para reforestación. Queren chegar aos 500 antes do verán. Se sabedes de alguén que teña un sitio ou blog e queira colaborar, pois pasade a bola.

Outra vista xeral da plantación


2 comentarios:

  1. E tan xuntiños van poder medrar? Ou seica logo os transplantan?

    ResponderEliminar
  2. Pois non che sei. Se hai algún experto botánico lendo igual nos pode explicar. Pero polo que entendemos, ese é o espazo a reforestar, o que descartaría o transplante. Ou pode ser que a perspectiva fotográfica leve a engano, vai ti saber.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan