POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

29 de xuño de 2012

ADMISIÓN DE SOCIOS - INSCRICIÓN NOS SERVIZOS


Tal e como xa indicamos na última circular decidimos establecer o prazo para a solicitude de admisión de socios e a inscrición nos servizos de conciliación para o próximo curso,  entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2012.

Durante este tempo os pasos a seguir serían:

  • Ingresar* a cota de socio/a (15 eur)
  • Cumprir e facer chegar á Asociación os impresos de solicitude de admisión


e no caso de solicitar o uso de algún dos servizos de conciliación, ademais

  • para novos usuarios, ingresar* unha fianza (100 eur) por cada neno/a
  • para todos os solicitantes, ingresar* unha cota de seguro (10 eur) por cada neno/a
  • cumprir e facer chegar á Asociación os impresos de solicitude de inscrición
  • cumprir e facer chegar á Asociación os impresos de aceptación de normas e condicións e as autorizacións pertinentes.

Nos primeiros días de setembro, a XD reunirase para validar as admisións de socios e usuarios, e no seu caso se facilitará a entrega de documentación establecendo un horario de atención no local da Anpa.

Desta maneira, antes de comezar as clases, o 12 de setembro de 2012, saberemos con certeza con cantos socios iniciamos o curso e cantos usuarios imos ter xa ese primeiro día en todos os servizos.

En ningún caso se aceptarán solicitudes incompletas en calquera dos seus términos. En ningún caso se aceptarán solicitudes de usuarios que teñan débedas sen liquidar coa Anpa. Só os admitidos como usuarios nesa reunión de XD poderán acceder aos servizos o primeiro día.

Os impresos para a solicitude estarán a disposición a partir de hoxe mesmo no blog, e durante o mes de xullo no pavillón administrativo do Colexio. A documentación pódese facer chegar á Anpa ben por correo electrónico ou ao apartado postal. Está pendente de resolver a posibilidade de habilitar un espazo para a recollida no propio pavillón administrativo.

A continuación enlaces para a descarga dos impresos orixinais e unha versión sen fondo. Nestes tríptico e díptico atoparedes información polo miudo sobre todo o aquí exposto.


Tríptico


Tríptico SF


Indicacións


Indicacións SF

* Banco Etcheverría, r/Amenedo Casavella 2. 981 633 739

2 comentarios:

  1. vadesme a disculpar pero esta informacion non e o suficientemente clara, porque?
    pois ben, falades de ingresar nunha conta uns importes pero non decides nin o numero de conta nin a entidade bancaria.
    Facilitades uns impresos que supostamente podense enviarvos por correo electronico e resulta que non podo cubrilos a non ser que os imprima en papel.
    Creo que terei que pasarme polo centro.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Anónimo. Tomamos nota. Esta información é só un pequeno resumo do que se indica no díptico e no triptico. Ali figura cal é a entidade bancaria. Os números de conta non. Efectivamente, estes impresos non se poden cubrir online, por que non temos aínda a capacidade técnica para poder facelo, pero andamos nelo. Un servidor propio permitiría tanto iso como chegar a facer pagos online, entre outras cousas, e aforrar papel que tamén é un bo obxectivo educacional. A idea básica é que os que non poidan acceder á documentación directamente en papel, poidan descargala aquí, imprimila e facérnola chegar, por exemplo, escaneandoa a posteriori, como xa recibimos unhas cuantas ou ben por correo postal. Seguro que o sistema é mellorable, e gustaríanos saber de outras opcións, pero de momento vai ser asi.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e