Sen entrar a valorar nin as normativas que impiden un mellor uso do transporte público para achegar aos nenos/as aos centros, nin o deseño colectivo dos accesos a estes, nin o despropósito educativo que supón por parte de todos querer chegar á porta de todos os sitios cos nosos propios vehículos, temos que insistir en que para que os usuarios desas paradas poidan seguir dispoñendo do servizo o curso que ven é imprescindible que todos fagan de novo a solicitude de autorización excepcional que xuntamos, en tempo e forma. Por interese colectivo e tamén individual. Ate o 16 de xullo estades a tempo.
E xa está a listaxe dos libros de texto para o curso 12/13 na web do Ceip
Tamén está aberto o prazo de matriculación, só para os que comecen no cole o próximo curso por idade ou por traslados.
A ligazon a lista de libros.. creo que non funciona non? polo menos a min mandame a unha paxina erronea.. Bueno de todas formas.. xa llos teño encargados..
ResponderEliminarOla Txiqui,
ResponderEliminargrazas polo comentario. Eu acabo de comprobalo e si aparece a lista. En realidade é un pdf que temos colgado en Drive (antes google docs). Pero esta posto asi porque o orixinal, un enlace á web do colexio, si que mudou.
Saúdos.
Heriberto.