POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

18 de xuño de 2012

CIRCULAR 4 - 2011/12

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Temos feita a convocatoria a socios e socias, a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, o 21 de xuño de 2012, ás 19:30 hs en primeira convocatoria.

A finalidade básica é a ratificación da nova composición da Xunta Directiva logo das incorporacións producidas en resposta ao punto 8) da última Asemblea Ordinaria. Para poder seguir traballando cara ao próximo curso, é necesario poder rexistrar oficialmente a composición da nova XD, para ter a capacidade de facer as pertinentes modificacións de autorizacións e sinaturas nas contas bancarias da Asociación, imprescindible para continuar atendendo os compromisos económicos (pagos a empresas, emisións de remesas, devolucións de fianzas e resto de operacións), e iniciar o proceso de inscrición e admisión para o curso que ven.


PROCESO DE ADMISIÓN DE SOCIOS E INSCRICIÓN DE USUARIOS

O proceso de admisión de socios para o curso 2012/13, iniciarase o 1 de xullo de 2012, día a partir do cal calquera nai, pai ou titor legal dun neno/a escolarizado ou admitido para dito curso no Ceip Ponte dos Brozos, poderá acceder á documentación para a solicitude no blog ou no Pavillón Administrativo do Ceip (aberto durante o mes de xullo). A documentación se pode facer chegar á Anpa por correo postal ou electrónico.

A inscrición nos servizos de conciliación (almorzo, gardería, xantar, ludoteca, merenda e cambiadores) para o curso 2012/13, iniciarase o 1 de xullo de 2012 e rematará, en primeira instancia o 31 de agosto de 2012. É condición indispensable para a inscrición ter solicitada tamén a admisión como socio. A documentación informativa dos servizos, os impresos para a solicitude de inscrición (fichas, autorizacións e condicións) estarán a disposición tamén a partir do 1 de xullo tanto no blog como no Pavillón administrativo do Ceip. (aberto durante o mes de xullo). É aconsellable que toda a documentación requirida se faga chegar á Anpa antes do 31 de agosto de 2012. Na primeira semana de setembro a XD da Asociación se reunirá para a admisión de socios e usuarios dos servizos de conciliación.

Non se considerarán para o proceso de admisión solicitudes que non aporten toda a documentación requirida. Para a admisión de socios se intentará a comunicación para a rectificación de documentación. En ningún caso se estudarán solicitudes de usuarios que manteñan débedas de cursos anteriores. A listaxe de socios/as usuarios admitidos será publicada no taboleiro de anuncios e no blog. A encargada dos servizos de conciliación disporá dunha listaxe de nenos/as admitidos. En ningún caso se aceptarán nos servizos, usuarios que non figuren en dita listaxe. Todas as solicitudes rexeitadas quedarán pendentes de rectificación ate a seguinte reunión da XD. Durante a primeira semana de setembro membros da XD atenderán a presentación de documentación para o proceso de admisión en horario que será publicado no blog e no taboleiro de anuncios.

Salvo as modificacións de custes dos servizos, xa comunicada na anterior circular, o resto das condicións económicas non varían: Cota de socio anual (curso) 15 euros. 10 euros de seguro de comedor por neno/a e 100 euros de fianza por neno/a que se inscriban nos servizos (salvo cambiadores). A fianza, claro está, se xa a tes de outro curso, non hai que volver ingresala.


NON MENOS IMPORTANTE

Pensamos que a aprobación dos novos estatutos merece que se faga sen presas e con moito xeito. Deixaremos a convocatoria da Asemblea Extraordinaria exclusiva na que haberá que votalos, para o inicio do seguinte curso. Imos poñer o texto final a disposición xeral, no blog e en papel se podemos antes do fin do curso, para que teñades algo que ler no verán.

A enquisa que lanzamos a nais e pais pódese entregar ate o 22 de xuño. Se a traspapelaches, pilla outra no blog, e mira de intentar facernos chegar o que pensas. Grazas.

E lembramos que o prazo para inscribirse na Xornada de Familias, remata o día 20. Temos que ter tempo para organizar o traballo das monitoras e do persoal de cociña para ese día. Non o esquezas, Ímolo pasar pipa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan