POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de ago. de 2012

Noticias Frescas


Para un verán que dis superou as máximas olímpicas.

Demos cun carpinteiro que non colleu vacacións e nos fixo algo que respondía ás nosas pretensións. Ter un trebello ben visible onde o persoal puidera depositar a documentación de inscrición tamén durante o mes de agosto (vale, no que queda). E ademais ten un cubículo con impresos en branco.

Onde? No local de Educación na rúa da Ría de Noia. Só abre de mañá. E seguimos a recibir documentación por correo-e ou no apartado de correos. En setembro xa falaremos....

E para entreterse un ratiño, lecturas variadas.

Comentarios sobre a prevista subida do ive do material escolar

Información de interese para os que teñades tamén nenos na gardería


Para quen teña interese en coñecer cantas unidades e asignación de postos vai ter o noso cole no próximo curso (e de todos os demais, case).

Por certo, estiveron estes días atrás trocando o balado vello polas reixas verdes en outros tramos do perímetro, e tamén traballando no arranxo das pingueiras do pavillón. Ben por partida dobre. De sentido común aproveitar os períodos non lectivos para estas labores. E parece ser que algo se move no que atinxe a darlle un repaso necesario a estas xa entradas en anos instalacións.

E para os que queirades aforrar algo, o novo réxime do canon da auga. Xa que a traída desta city perde o 45% polo camiño, imos ver de contribuír ao seu uso máis controlado. (Grazas, Montse)

Continuará.

1 comentario:

  1. A verdade e que sobre todo para as que somos todavia novatas en esto das escolas.. e tamen dos fillos, este blog, sirve de bastante axuda.. Bueno eu espero non ter que usar o buzon, a ver se podo, se a miña Adsl me permite mandarvos as cousas via email.. Saludos.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan