POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de set. de 2012

ADMISIÓN DE SOCIOS E USUARIOS

Como indicamos na información que se distribuíu a finais do curso anterior por diversas canles e que estivo colgada no blog durante todo o verán, fixemos unha reunión da XD para estudar a admisión de socios e usuarios o martes 4 de setembro.

O traballo realizado durante dita reunión e o posterior filtrado de datos, deu como resultado os listados de usuarios dos servizos de conciliación admitidos (incluído cambiadores) e dos socios admitidos que deberán completar a documentación a presentar. A tal fin, membros da XD atenderán a recepción dos papeis necesarios o luns, dende agora en diante, dia normal de atención aos socios, de 17 a 20 hs, no local da Anpa (na parte de abaixo do pavillón de infantil). Excepcionalmente, e para facilitar a entrega dos impresos tamén estaremos o martes 11 de setembro no mesmo horario.

Os servizos de conciliación, todos, comezarán a funcionar o mesmo día do inicio do período lectivo, o mércores 12 dende ás sete da maña. Os usuarios admitidos que teñan nenos/as en período de adaptación para 4º de EI, deben facer indicación de cando e como precisan do servizo especial para este período, ben comunicándollo previamente á XD ou ben á Xefa de monitorado no comedor. Lembramos que en calquera caso, tanto para esta circunstancia como para o resto dos servizos, tendes que indicarlles aos mestres que a/o nena/o vai ser usuario dalgún dos servizos.

E cambiando de tema: libros de texto. Dunha banda, o Concello aprobou unha normativa de axudas de material escolar para nenos de EI. Similares ás da Xunta, en base a renda per cápita, e con prazo de solicitude ate o 29 de setembro.

Doutra banda, na XD levamos tempo apuntándonos a cousas como estas: por un precio justo para los libros de texto. Change.org é unha plataforma onde se presentan propostas que poden ser secundadas pola poboación en xeral, e logo son elevadas aos interesados ou os organismos pertinentes. Se o consideras, asina. Se che parece oportuno, compárteo.

Unha máis. Está aberto o prazo para a solicitude de inscrición na Biblioteca do colexio. Só ate o día 14. (E que temos unha mini biblioteca, que se lle vai facer....)

Unha aperta, e imos aló de novo.
XD.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan