POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

19 de set. de 2012

OS LUNS AO SOL

Grande filme, va que si?

Despois de pasar este último luns tres horiñas no local social, alá abaixo no pavillón de infantil e non ter máis que catro visitas de socios, caemos na conta de que igual non lle demos bombo dabondo ao novo horario de atención aos socios
OS LUNS DE 17 A 20 HS
Ben está dicir que aproveitamos para ir adiantando cousas que tiñamos que preparar.

Iniciamos o curso concentrados nos temas loxísticos para atender o arranque dos servizos de conciliación. Agardamos que nos fagades os comentarios que consideredes oportunos ao respecto. Despois do primeiro proceso de admisión colectivo feito público, continuaremos insistindo xa a nivel particular na necesidade de cumprir cos requirimentos establecidos para a inscrición como socios e usuarios (pagos e documentación). Como xa houbo algún comentario, reiteramos tal é como está escrito na documentación de inscrición, que esta se pode facer en calquera momento do curso, atendendo ás condicións necesarias para elo.

Se queredes facer algunha proposta para actividades facédenolo saber e se é posible incorporádevos á súa organización. Pola nosa banda, en breve comezaremos a difundir información sobre o que queremos facer ao longo do curso.

Non hai noticias oficiais sobre a concesión da axuda solicitada para o comedor (lembrade, en todo caso, só para o comedor) por parte da Consellería. Tampouco da que solicitamos para o programa de actividades á Deputación. Si agardamos renovar o convenio co Concello unha vez presentada a xustificación do anterior. E quizais haxa algo máis neste eido local.

Polo demais, tendes ate o 25 de setembro para apuntarvos aos cursos de natación.

E lembrade que este curso vaise producir a renovación de representantes electos das nais e pais no Consello Escolar. No noso caso, máis ben será a incorporación, que agora so temos un.
Ide pensando en presentarvos. Contaredes coa nosa colaboración. Non máis aló.

E outra última cousa. Un ano despois, temos 20 inscritos no servizo de cambiadores. O bo resultado do funcionamento do curso anterior e a modificación de cotas debeu axudar para chegar a esta cifra. Se pensades en apuntarvos non lle deades moitas voltas.
XD

2 comentarios:

  1. Moitas gracias por todo o voso traballo. Os pais parece que solo nos presentamos ahí para dar queixas jejeje. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias,polo voso traballo e sobre todo paciencia,penso que todos-los socios-as estamos contentos de ter xente traballadora como sodes vos incluindo monitores.
    Saudos.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e