CIRCULAR INFORMATIVA 4_2012/13
11/12/2012
O 21 de decembro é o último día de colexio neste longo ano 2012, nas portas do inicio do agardado Nadal. Neste tempo de lecer especial todos aproveitamos para pasar tempo coas nosas familias e ver sorrir a todos, especialmente as nenas e nenos.
Dende o comedor queremos facer unha festa do Nadal diferente na que compartir e gozar o noso tempo cos máis pequenos.
A festa consistirá nun "Ti SI QUE VALES"

Intentaremos contactar con Papa Noel para que faga de xurado e vexa o ben que se portan e colaboran tanto grandes coma pequenos. (Voluntario/a requerida/o)
Para poder organizalo ben, necesitamos saber con quen imos contar: inscríbite ate o día 17 ás 19:00 hs. A forma de inscrición será tan sinxela como avisar á responsable de comedor, Eva, de que estades interesados en participar e cantos serán os compoñentes do espectáculo.
Por último dicir que o "TI SI QUE VALES" terá lugar a partir das 16:15 hs no mesmo comedor, con entrada de balde. Dámosvos as grazas de antemán a todos por participar e animámosvos a perder a vergoña por un día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.