POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de maio de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 8 -12/13


Resumo dos acordos da Asemblea Xeral Extraordinaria

A Asemblea de socios da Anpa Ponte dos Brozos de Arteixo, reunida en sesión extraordinaria, en segunda convocatoria o día 6 de maio de 2013, en relación á convocatoria de folga xeral no ensino para o día 9 de maio de 2013, acorda por  19 votos a favor, ningún en contra e dúas abstencións aprobar e darlle publicidade no taboleiro de anuncios e no blog da Asociación o seguinte comunicado:
1. Apoiamos a convocatoria de folga do día 9, por considerar que o proxecto de lei denominado Lomce non responde ás necesidades reais dun sistema de ensino público que poida contribuír ao desenvolvemento e mellora dunha sociedade da que todos formamos parte.
2. Acordamos o peche de todos os servizos de conciliación xestionados pola Anpa no Ceip Ponte dos Brozos para o día 9 en consonancia coa convocatoria de folga xeral no ensino. 
3. Solicitamos a nais e pais que apoien na medida das súas posibilidades as diversas convocatorias de actos que se desenvolverán nestes días, e especificamente ás que se desenvolvan no propio Ceip Ponte dos Brozos en relación á esta folga.
Arteixo, 6 de maio de 2013


Ademais disto, a Asemblea acordou:
  • A sinatura da Asociación para a petición de devolución da lei en Stop Ley Wert (tamén se pode facer a título individual).
  • Que a directiva tome contacto con outras Anpas do Concello para estudar a organización dunha charla sobre esta lei na que participen expertos no eido da educación.
Se fai constar por parte da directiva a necesidade de incorporación de novos membros a este órgano. Se non hai incorporacións antes de convocar a próxima Asemblea Xeral Ordinaria, prevista para o día 23, de xeito que podamos constituír unha nova XD, chegaríamos de novo a enfrontarnos á posibilidade de non ter membros dabondo para o curso que ben, o cal suporía entre outras cousas non poder continuar coa xestión dos servizos, e en todo caso limitaría a capacidade de acción deste órgano obrigando a reducir drasticamente os proxectos para o próximo curso. A implicación é necesaria. A participación é imprescindible. Calquera socio/a que queira incorporarse a traballar con nós, só ten que comunicárnolo e será convocado para a próxima xuntanza oficial e/ou de traballo.

Repasamos:
o xoves día 9, folga xeral do ensino, NON funcionará ningún dos servizos de conciliación, por acordo da Asemblea Xeral.

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan