POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

7 de maio de 2013

COMUNICACIÓN DE ACORDO DA ASEMBLEA


A Asemblea de socios da Anpa Ponte dos Brozos de Arteixo, reunida en sesión extraordinaria, en segunda convocatoria, o día 6 de maio de 2013, en relación á convocatoria de folga xeral no ensino para o día 9 de maio de 2013, acorda por  19 votos a favor, ningún en contra e dúas abstencións aprobar e darlle publicidade no taboleiro de anuncios e no blog da Asociación o seguinte comunicado:

1. Apoiamos a convocatoria de folga do día 9, por considerar que o proxecto de lei denominado Lomce non responde ás necesidades reais dun sistema de ensino público que poida contribuír ao desenvolvemento e mellora dunha sociedade da que todos formamos parte.

2. Acordamos o peche de todos os servizos de conciliación xestionados pola Anpa no Ceip Ponte dos Brozos para o día 9 en consonancia coa convocatoria de folga xeral no ensino.

3. Solicitamos a nais e pais que apoien na medida das súas posibilidades as diversas convocatorias de actos que se desenvolverán nestes días, e especificamente ás que se desenvolvan no propio Ceip Ponte dos Brozos en relación á esta folga.


Arteixo, 6 de maio de 2013


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan