POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

11 de xuño de 2013

ACTUALIDADE E CÁLCULO MENTAL

Ten, nine, eight.....

Xa falta menos.

Para a Asemblea Xeral Extraordinaria onde imos tratar dous puntos unicamente.


Punto 1. Nova XD. Martes 11 de xuño de 2013. Quizais non o dixemos con moita claridade. Catro somos poucos. O risco de quedar en 3, 2, 1 aumenta en proporción directa á percepción do interese na participación. Absolutamente en serio. Claro que unha ou un poderían facerse cargo de todo, pero non é iso o que queremos. E non o queremos ate tal punto que preferiríamos borrarnos do mapa. Quen se apunta?

Punto 2. Algo parece que se move no grupo estatutos, pero as copias do borrador non baixan na caixa e as lecturas indicadas nas estatísticas do blog son máis ben exiguas. Pero a min que me vai nisto? Cada un verá, se ten algún sentido ou non participar na elaboración final da norma que vai rexer o funcionamento da Asociación de Nais e Pais a que pertenzo do colexio onde as miñas nenas e os meus nenos van pasar os próximos 1, 2, 3, 4, 5,..... anos. E tendo en conta as peculiaridades desta Asociación en concreto.

E o 15 de xuño, ás 10:00 hs seguro que leremos as últimas modificacións e votaremos a redacción final. Unha segunda convocatoria que con 12 asistentes podería en 12 minutos votar a favor duns novos estatutos. 8 votos a favor chegarían con eses números. Un sábado pola maña, avisado informal e formalmente con tempo, para unha cuestión fundamental coma esta, merece sacar 12 minutos de algunha outra cousa? Máis decisións persoais. 40 e máis que 12. 100 e máis que 40.

Logo, pois haberá quen pense en continuar coa Xornada de Familias. Estades a tempo de apuntarvos.


Contaremos coma sempre cun equipo de monitoras que atenderán a nenas e nenos en actividades paralelas ás do programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan