POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de xuño de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 11 - 12/13

Sábado 15 de Xuño

Asemblea Xeral Extraordinaria

Senón hai novidades de última hora, comezaremos a Asemblea XE posiblemente na 2ª convocatoria ás 10:00 hs, coa petición de voto para a ratificación da toma de posesión dunha nova persoa para o cargo de Secretaria, en substitución da xa comentada renuncia.

E continuaremos co punto segundo, a votación da proposta de novos Estatutos.

Este é o plan:

  1. Dar lectura unha a unha ás propostas de modificación do texto xeral xa distribuído.
  2. Solicitar a Asemblea os posibles comentarios ou achegas para cada un deles, e votar a man alzada a súa aprobación individual.
  3. Finalmente repetir a lectura de todos os textos modificados.
  4. Votar a proposta de remitir o texto aos servizos de normalización para a súa revisión, no caso de resultar aprobados, e antes da presentación no organismo competente.

Procedemento para a votación da proposta de novos Estatutos:

1. O voto será nominal e segredo, con papeletas e en urna.
2. As papeletas estarán a dispor dos socios asistentes nunha mesa nun espazo aparte, que ofreza a posibilidade de elección illada.
3. As papeletas levarán por un lado a indicación do sentido de voto: SI, NON ou en branco, e polo outro o texto seguinte


Voto a prol da redacción proposta dos novos Estatutos
incluíndo as modificacións aprobadas
na Asemblea do 15/06/2013

4. A presidencia procederá a chamar a cada un dos socios asistentes para a emisión do seu voto na urna, e lles requirirá a súa identificación (DNI). Anotarase na lista de asistentes o voto efectivo e as abstencións.
5. Finalizada a votación dos socios, votarán os membros da XD.
6. Unha vez finalizada a emisión do voto, se abrirá a urna, se fará reconto das papeletas, e se dará conta aos presentes do resultado da votación, co cal se dará por rematada a celebración da Asemblea.

Resultado da votación:
  • No caso de conseguir cando menos os 2/3 dos votos dos socios presentes, a proposta de novos Estatutos quedará aprobada. Terá efectos de aplicación inmediata no orde interno da Asociación, e será tamén de aplicación a terceiros no momento de ser comunicada a súa aceptación polo organismo competente na materia.
  • No caso de acadar menos dos 2/3 dos votos, a proposta declararase desestimada, e se incluirá como punto da orde do día na seguinte Asemblea a consideración sobre a continuación do proceso de reforma ou o desestimento.
Para a consideración para o chamamento ao voto, se terán en conta todos os socios presentes e rexistrados ate o momento de emitir o voto sobre a revisión lingüística, e a presidencia fará mención expresa de tal circunstancia.

Saúdos,
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan