POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

5 de xuño de 2013

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

05/06/13
Como Presidente da Anpa, en atribución das competencias que me outorgan os estatutos, convoco a socias e socios a unha Asemblea Xeral Extraordinaria, o sábado 15 de xuño de 2013, no Colexio, coa seguinte orde do día:
  1. Nova Xunta Directiva
  2. Votación da proposta de novos Estatutos da AnpA
A Asemblea desenvolverase no espazo de actividades a carón do comedor escolar, sendo a entrada polo portalón azul de recollida dos nenos e nenas. A hora de celebración será ás 9:30 hs en primeira convocatoria, e ás 10:00 hs en segunda. Será requirida identificación.


Punto 1: A persoa que asumiu o cargo de secretaría na última Asemblea, presentou a renuncia por escrito, por unha circunstancia persoal sobrevida que lle impediría exercer as competencias do cargo e mesmo participar en xeral no traballo en común.

A renuncia foi aceptada en reunión oficial da XD celebrada o 3 de xuño.

Consideramos a posibilidade, que os estatutos nos outorgan, de designar entre os membros da Xunta Directiva un que asumira as funcións da secretaría, pero atendendo as necesidades de xestión vinculadas aos servizos e especialmente na proposta de aprobación dos novos estatutos, entendemos que é mellor que a propia Asemblea ratifique a nova composición.

E aproveitamos para lembrar o conto do lobo. O de que ven o lobo. Xa vai por unha segunda vez que estamos preto de chegar ao mínimo de compoñentes legalmente admisible para manter a XD. E ningún dos que agora formamos parte dela estamos libres de todo mal. Sen este órgano de dirección, manter os servizos de conciliación - todos- sería practicamente imposible. Máis claro, de hoxe para maña, non habería comedor, nin madrugadores, nin ludoteca,.... E cada un a buscarse a vida. E todos pensamos que son servizos necesarios, non si?. Pois ter unha XD ben poboada tamén é necesario. Imprescindible se queremos seguir cos servizos. A partir deste momento, xa podedes ir apuntándovos para a nova Xunta Directiva que imos poñer a votación o día 15. Ou asumir o risco....


Punto 2: 
ESTATUTOS. Claro que con maiúsculas. Como CONSTITUCIÓN.
Des que xurdiu a idea de adaptar esta norma común aos tempos que corren, xa pasaron tres aniños. Os dous comisionados que xurdiron naquela Asemblea do 17 de xuño de 2010 xunto con membros das XDs que fomos consumindo (santa pacencia) elaboramos un proxecto radicalmente distinto ao que temos actualmente. Quizais teña aínda cousas que pulir, un puntiño, unha coma,... e para iso vos recomendamos encarecidamente que o miredes. Vai ser a norma que mande na nosa actividade colectiva a partir do momento no que se aprobe. Parécevos que ben merece botarlle un ollo?
Creamos un grupo para poder falar deste tema. Todos os socios que tendes correo rexistrado na Asociación estaredes automáticamente incluidos para poder participar*. E todos poderemos ir comentando o que se nos ocorra.
E o 15, a votar e logo a botar (celebración).

*Se tedes dúbidas sobre como funciona mirade o tutorial do grupo Tribo ou preguntade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan