POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

4 de xuño de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 10 - 2012/13

Resumo da Asemblea Xeral

42 socias/os individuais asistiron en total a esta última Asemblea, incluindo as/os que estábamos da XD. Somos 234 familias socias a día de hoxe. Botade contas. Seguiremos sendo pesados e insistentes en aumentar a participación.

Os que viñeron cedo, estiveron entretidos coa proxección dun curto (que non vos conten a peli) ate que pudemos iniciar a sesión en segunda convocatoria ás 19:30 hs.


Cuestións principiais

Temos unha nova composición da XD formada por tres dos que xa estabamos e dúas novas incorporacións que levan traballando xa dende a súa incorporación de facto. Contamos no último punto o que queremos facer para estes días que quedan e para o vindeiro curso. E a primeira cousa que imos mudar consiste en procurar non volver facer unha Asemblea con tantos puntos na orde do día. Xa nos vale!

Temos unhas contas saneadas, uns presupostos de xestión dos servizos moi axustados e seguiremos traballando para que sigan asi ou melloren.

Unha vez confirmada en Consello Escolar a continuidade da xestión para o curso próximo, contando coa colaboración do Concello a través do convenio e fundamentalmente co que cada un dos usuarios pagades, manteremos os servizos tal é como están agora mesmo (importes incluidos) salvo causa de forza maior.

Da convocatoria de axudas para comedores escolares xestionados por Anpas, da Consellería de Educación para este curso, de momento non se sabe nada. 

Do calendario escolar para o 13-14 só hai un borrador que pon como posible data de inicio o 11 de setembro mércores.

O Concello está traballando arreo no borrador das axudas vs becas de comedor que publicitaron hai un tempo, e entendemos que próximamente serán publicadas para coñecemento da comunidade. 

E agora temos unha ferramenta mellor para loitar contra as devolucións de recibos reincidentes. Porque o que non pagan uns pouquiños o temos que cubrir entre todos. Porque a responsabilidade da débeda é de quen debe non da Asociación. Porque este servizo de conciliación no seu conxunto se pode manter pola aportación económica solidaria de cada un dos usuarios. Porque co sistema actual un usuario podería acumular ate case que tres meses de débeda sen que puidéramos expulsalo do servizo.

A partir de xa, un usuario que devolva un recibo, terá dez días naturais para liquidar o seu importe máis gastos (3 euros por recibo) dende a data de valor da devolución. A XD procurará a comunicación da devolución polos medios habituais, chamar por teléfono, mandar un correo e no seu caso pode chegar a facer unha comunicación escrita con acuse de recibo. Pero a quen lle corresponde responder á chamada, ao correo ou ao escrito é a quen devolveu o recibo. Se no prazo establecido non se produciu a liquidación, se perderá a fianza integra. Se o importe da débeda é maior que a fianza se continuará coa reclamación do importe restante. Pero en todo caso dende o día undécimo posterior,  o/a usuario/a perde o dereito a selo, ate a liquidación total da débeda e/ou o inicio dun novo proceso de inscrición (documentación e nova fianza). Ademáis se procederá automáticamente a comunicar á dirección do centro a expulsión do servizo do/a usuario/a concreto, en relación á cuestión de recollida no comedor de menores en abandono acordada no Consello Escolar, e no seu caso a servizos sociais. Ademáis continuaremos coas reclamacións pendentes, xa na fase de comunicación con acuse de recibo, e buscaremos asesoría legal para a reclamación en outros ámbitos.

Na Asemblea se falou de variantes para as condicións de inscrición para o curso que ben, pensando en axustar os importes das fianzas aos servizos solicitados ou ben en retomara a idea do cobro por anticipado. Finalmente optouse pola terceira opción. Deixao como está, rapás.

Si que é intención desta XD ser se cadra máis estrictos no control de admisión. Temos xa un primeiro borrador de documentación informativa e ficha de inscrición e no seu momento darémoslle publicidade aos prazos e condicións para facelo. A principal modificación consistirá dunha banda en incluir na documentación os números de conta para os ingresos, para poder facer as operacións telemáticamente sen ter que ir físicamente á oficina, e doutra en facilitar á dirección do centro unha listaxe de admitidos no servizo para o contraste e o control da cantidade de usuarios. E non aceptaremos inscricións incompletas en ningún caso, nin por descontado, de quenes continuen debéndolle cartos a todos os demáis usuarios.

E imos alo coa votación para os novos estatutos, levan colgados no blog dous meses por se os queredes mirar, e a Xornada de Familias, o 15 de xuño. Todo xunto. E a despedir o curso lectivo creando entre adultos e menores algo que poidan mirar dentro de 20 anos e recoñecerse nelo. Ficha de inscrición.

Un saúdo,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan