POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

20 de xuño de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 12 - 2012/13

RESUMO ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

15 de xuño de 2013, sábado.
10:00 horas

Iniciouse a Asemblea en segunda convocatoria, e despois de volver a explicar as razóns para solicitar dos socios a ratificación da persoa que asumirá o cargo de secretaria, votouse e aprobouse por unanimidade. Pero seguimos sendo catro.... Se hai quen pense en ir poñéndose en como vai a cousa, pois comentádeo no correo e/ou pasádevos polo local os luns, que seguiremos estando os de xullo.

E logo, limos e votamos a man alzada as últimas modificacións para a redacción proposta dos novos Estatutos. Todas foron aprobadas por unanimidade. Tamén acordamos facer a revisión lingüístico/ortográfica e facer unha copia en castelán. E logo votamos os Estatutos. Un por un a presidencia foi chamando aos asistentes, e foi anotada a emisión de voto, depositado na urna de votación. Todos @s socio@s presentes emitiron o seu voto. Rematada a votación, realizouse o reconto das papeletas sendo o resultado o seguinte: ningún voto non, ningún voto en branco, 17 votos SI.











Os Estatutos aprobados, son de aplicación interna dende ese momento. E o serán para terceiros unha vez o organismo competente comunique a súa inscrición.

ADMISIÓN DE SOCIOS E INSCRICIÓN DE USUARIOS

CURSO 13/14

O proceso de admisión de socios para o curso 2013/14, iniciarase o 1 de xullo de 2013, día a partir do cal calquera nai, pai ou titor legal dun neno/a escolarizado ou admitido para dito curso no Ceip Ponte dos Brozos, poderá acceder á documentación para a solicitude no blog ou no Pavillón Administrativo do Ceip (aberto durante o mes de xullo). Tamén estaremos os luns de xullo no mesmo horario habitual no local social. A documentación pódese facer chegar á Anpa por correo postal ou electrónico. E tamén na caixa de correo de madeira que estará no Pavillón Administrativo durante o mes de xullo e no local de Educación na rúa Ría de Noia, en agosto.


A inscrición nos servizos de conciliación (almorzo, gardería, xantar, ludoteca, merenda e cambiadores) para o curso 2013/14, iniciarase o 1 de xullo de 2013 e rematará, en primeira instancia o 31 de agosto de 2013. E condición indispensable para a inscrición ter solicitada tamén a admisión como socio. A documentación informativa e os impresos para a solicitude de inscrición estarán a disposición tamén a partir do 1 de xullo tanto no blog como no pavillón administrativo do Ceip en xullo e no local de Educación en agosto. 

É imprescindible que a documentación requirida se faga chegar á Anpa antes do 31 de agosto de 2013. Tamén facer os pagos correspondes antes de dita data. O luns 2 de setembro a XD da Asociación reunirase para a admisión de socios e usuarios dos servizos de conciliación.

Non serán considerarán para o proceso de admisión solicitudes que non aporten toda a documentación requirida,
Para a admisión de socios intentarase a comunicación para a rectificación de documentación.

En ningún caso se estudarán solicitudes de usuarios que manteñan débedas de cursos anteriores (con está ou con outra Anpa). A listaxe provisional de usuarios admitidos será publicada no taboleiro de anuncios e no blog. Tamén será trasladada á dirección do centro e ao departamento de Educación en relación coas axudas para conciliación.

Todas as solicitudes rexeitadas quedarán pendentes de rectificación ate a seguinte reunión da XD, o luns 9 de setembro. As clases e xa que logo os servizos de conciliación comezarán o 11 de setembro mércores, segundo a orde da Consellería publicada no DOGA o 23/05/13.

O martes 3 de setembro, en horario e lugar que serán publicados oportunamente, celebraremos a reunión de inicio de curso para socios e usuarios, na cal terá lugar a presentación do servizo para o curso 13/14 e a entrega dos carnés de socio e usuario do servizo.  Este carné será no seu caso a acreditación da condición de socio e para o uso dos servizos. Ademais a encargada dos servizos de conciliación disporá dunha listaxe de nenos/as admitidos/as. En ningún caso se aceptarán nos servizos, usuarios que non figuren en dita listaxe. No caso de presentarse algún neno ou nena para o uso dos servizos sen ter acreditada a inscrición, será derivado á dirección do centro ou á autoridade administrativa pertinente.

Por acordo do Consello Escolar, e respectando a lexislación vixente, o máximo de prazas admisibles para o xantar cífrase en 282. Todas as familias socias son posibles usuarias de calquera servizo. Neste sentido, solicitaremos a renuncia expresa ao uso do servizo de xantar para cada un dos menores inscritos, en aras de facilitar a inscrición de outros usuarios no caso de chegar a ter máis solicitudes que prazas dispoñibles. Para este servizo concreto, chegado o caso de ter cubertas as 282 prazas, crearase unha listaxe de quenda de agarda onde se irán inscribindo as solicitudes pendentes, que segundo poidan ser aceptadas, irase actualizando. A orde en esta listaxe será pola data de valor do ingreso das cotas de socio, seguro e fianza (no caso de novas inscricións) tal é como figuren na información bancaria.

Tanto para a admisión de usuarios como para a lista de agarda, se terán en conta os seguintes criterios e na orde citada:
  1. Os socios no curso 12-13.
  2. Os usuarios no curso 12-13. (Cambiadores non incluído).
  3. Os usuarios do servizo de xantar no curso 12-13.
  4. Os usuarios con unha irmá ou irmán inscritos no mesmo servizo.
  5. A indicación de necesidade especial feita por escrito polo departamento de Educación ou polo de Servizos Sociais do Concello, e sempre a título individual.
  6. A petición expresa do Consello Escolar, feita por escrito, e sempre a título individual.
As condicións económicas son as mesmas que para o curso 12/13: Cota de socio anual (curso) 15 euros. Seguro 10 euros (curso) e 100 euros de fianza por neno/a inscrito por primeira vez nos servizos (salvo cambiadores).

Información Inscrición PDF

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan