POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

9 de xul. de 2013

CIRCULAR INFORMATIVA 12+1

Detectamos un erro de datas na anterior circular, no que atinxe ao límite para a presentación da documentación para a inscrición de socios e usuarios  para  o curso 13/14. A correcta é o 31 de agosto de 2013. Tamén se distribuíron na reunión no CCC para os novos matriculados algunhas fichas de inscrición de usuarios onde se indicaba un importe incorrecto da cota de seguro. O correcto é 10 euros (por neno/a). Ambas cuestións están corrixidas na información actualmente a disposición no blog e en papel.


O xoves 27 de xuño celebrouse unha reunión do Consello Escolar, na cal aprobouse o informe da memoria final do curso e o económico. Tamén a solicitude de participación na convocatoria dos contratos-programa (PROA). E no punto quinto da orde do día, votouse e aprobouse un escrito de rexeitamento á lomce. E nós, como estamos en StopLeyWert, pois tamén somos partícipes desta nova campaña contra desta lei en minúsculas.




Como sabedes, o equipo directivo estará traballando no colexio durante todo o mes de xullo, en horario de maña*. E con eles, este ano hai un lote de xente máis traballando. Finalmente o Concello tomou a iniciativa para acometer unha serie de reformas e obras de mellora durante estes dous meses. As obras afectarán aos tres pavillóns e está previsto que rematen a finais de agosto. Se queredes información máis polo miúdo, aquí.

A listaxe de libros de texto xa está dispoñible na web do colexio e en breve comezará o reparto dos vales de axudas, ate o 24 de xullo, e logo de novo en setembro. En relación coas axudas para libros, e pensando en aproveitar o ofrecemento de colaboración do departamento de educación do Concello, lanzamos a proposta da creación dun banco de libros, coa única condición de que haxa soci@s interesad@s en traballar na recollida, revisión, clasificación e distribución, e ao mesmo tempo na definición dos criterios de reparto xunto coa XD. Pensamos nun grupo de cando menos 5 persoas.
Quen estea en disposición de colaborar que se poña en contacto por mail ou teléfono. Dámonos de prazo ate o luns 15 para poñelo en marcha.

Como todos os cursos, quedou un lote de roupa perdida no comedor. E alí segue. Se hai alguén que lle conste que ten ali algunha prenda de seu, poderíamos acompañalo un destes luns de xullo no horario de atención para retiralo. Rematado o mes, morra o conto. O que quede irá en bolsas a ese contedor específico que temos enfronte (case) do local.

Tal é como comentamos nas dúas últimas Asembleas, queremos constituír un grupo de comunicación virtual. Buscamos soci@as interesad@s en colaborar en rede para traballar en todos os aspectos de comunicación da Anpa: deseño de logotipos, atención e desenvolvemento do blog, redes sociais, deseño e creación dunha web propia, maquetación e edición dunha revista da Anpa,.... e en concreto para o deseño e creación do carné de socios/usuarios que imos repartir na charla do 3 de setembro. Se tes interese, manda un correo a comunicacionpdb@gmail.com

Para rematar. Comunidade Educativa. Aquí xa existe un grupo, T R I B O, no que vos podedes apuntar cando queirades. Temos que redefinir que queremos facer para o próximo curso e mesmo a máis longo prazo. Pero isto vai ir nun aparte. Hai moito do que falar.

Seguiremos falando durante o verán. Para os que busquen lecturas interesantes relacionadas coa educación, un último descubrimento.

Un saúdo.
XD


*Secretaría atende ao público de 10 a 12 hs. Último día de atención: 24/07

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan