POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

27 de ago. de 2013

TRAUMA

Tivemos estes dias ocasión de enfrontarnos a unha experiencia traumática colectiva. Para moitas persoas segue sendo unha realidade cotián dolorosa. As demais seguirémonos lembrando deles, cada unha ao noso xeito. Coidamos que todas temos a impresión de que a sociedade civil respondeu con sentidiño e sensibilidade.

O que toca agora, é a reflexión cabal sobre o sucedido, a asunción de responsabilidades (chegará?) e a toma de medidas, esas que sempre se fan despois de


E dirás ti, acae esta reflexión neste espazo? Pois ademais de simplemente por sumármonos colectivamente á dor compartida e enviar dalgún xeito o noso afecto a quen a padece mais directamente, porque nós como nais e pais, erguémonos cada día tentando anticipar o que podería pasar en relación as nosas crianças. O facemos con previsión sobre o que afecta á súa seguridade especificamente, as veces compulsivamente, va que si?, pero tamén tentamos pensar antes de nas súas necesidades físicas básicas (manutención, vestimenta, hixiene,...) e poida que incluso nas outras (educación afectiva, ética, social, cultural, estética, económica, política,....).

As Anpas por definición poden actuar como elo entre as familias e a institución educativa en todo o que afecta as nenas e nenos no seu período de formación. A nosa en concreto participa activamente na xestión do funcionamento xeral do centro, e ademais decidiu hai anos asumir a responsabilidade de buscar solucións para as carencias en temas de conciliación que entendemos deberán ser asumidas totalmente por organismos públicos.

O sistema educativo público no seu conxunto, cada un dos centros escolares e cada profesional, aplícanse como saben e poden en atender tamén esas segundas necesidades ao mesmo tempo que traballan en desenvolver os currículos que están obrigados a impartir. E o fan por delegación e mandato social de todos nos. Tácito e histórico pero debemos lembrar que así é, porque construír unha institución que atenda necesidades e intereses colectivos, non significa abandonar a responsabilidade individual sobre esas cuestións. Por poñer un exemplo, reclamamos do colexio que controle as entradas e saídas d@s nen@s, por seguridade, pero non deixamos de repetirlle á nena o de que non saia nunca soa do centro, que atenda ao que lle di a mestra, segue as filas,...

En outros eidos temos a percepción de que deberamos aplicarnos tamén coa mesma insistencia e en acordo estreito coa institución. Canles para a comunicación hainos. Posibilidades de aprender o necesario tamén. Que falta entón?. Poida que asumir que é en extremo importante. E actuar en consecuencia.

As sucesivas directivas destes últimos anos entenderon esta idea, comprometéronse con ela e traballaron xunto con grupos como O Noso Tempo e con persoas concretas en desenvolvela. 

O Noso Tempo. Comunidade de Aprendizaxe. Tribo.

Como lle chamamos ás cousas ten importancia. Axúdanos a recoñecelas e pensalas nun sentido ou noutro. Cando buscamos unha denominación para un colectivo de persoas que evidentemente teñen cando menos un obxectivo común, necesidades compartidas nun eido concreto, non podemos esquecer xustamente que son persoas as que o forman, individuos e membros dun colectivo social. Por isto gustounos o de TRIBO.

O sábado 15 de xuño, xa van máis de dous meses, os anciáns da Tribo, que o somos cando menos como reincidentes recalcitrantes nunha teima moi concreta, e algún neófito, xuntámonos a falar do que foi ate agora esta mobida. E falamos de tantas cousas!. Pero non chegamos a concretar ate onde e como queremos ir agora. En realidade nin empezamos a falar de tal cuestión.

Pois falemos: a proposta é, dende xa e durante o inicio do curso, comentar, suxerir ou apuntar calquera cousa que se nos ocorra, e logo deseñar un plan de acción para arrincar xa en outubro.

Con Jacobo e Eduardo, que lles quedou moito que dicir aínda, se eles o consideran, con Jose Luis e o seu ir e vir, e con calquera que pense en apuntarse a un proxecto de aprendizaxe individual e colectivo permanente.

Temos un grupo onde falar telematicamente. Pero tamén podemos tirar proveito do caixón de correo de madeira que usamos na Anpa para a recollida de inscricións, pensando nos que non se manexan nos mundos tics. Estará no mes de setembro no comedor. Logo o poñeremos en común. Se hai interese, nos estaremos no fregado. Senón, que nos quiten o bailado.....

Quizais xa se cumpriu un ciclo e deberamos volver a empezar outro. Ou igual temos que darlle continuidade por outros camiños. Vos como o vedes?

Veña, a contestar. Tipo test vale, pero acéptanse redaccións.
Apertas.
XD

1 comentario:

  1. Falar do sistema educativo nun colexio é referirse a unha organización que está composta por persoas agrupadas segundo o papel que teñen na estrutura onde están, áreas de estudo, recursos materiais e instalacións. Se é unha organización debe estar ordenada conforme a uns principios de participación no que cada grupo (escolares, escolantes e familias) posúen uns dereitos e uns deberes. E para que ese orde funcione axeitadamente debe posuir uns mecanismos que vixíen que se cumpran as responsabilidades, que ten cada quen no centro educativo, para que se leven a cabo os importantes propósitos que se lle encomendan á educación como fundamento para unha sociedade de progreso.
    A institución educativa funciona porque actúa a organización e todas as partes están comprometidas nas finalidades que persegue o centro educativo.
    As familias, nais e pais ou quenes exerzan esa función, parece que deberían sentirse obrigadas, de maneira natural e motivada, en que o Colexio Ponte dos Brozos fose un modelo a seguir por ser un centro organizado, innovador, participativo, con posibilidades para unha mellora formativa non só do alumnado senón, tamén, do profesorado e das familias, comprometido no fomento dunha mellor sociedade arteixán, solidario nos momentos difíciles...
    Como mestre que son, creo firmemente na importancia da educación e fago o posible por levar ese compromiso ata onde poida chegar. Unha vez máis, esa é a miña disposición para exercer a parte de responsabilidade que me corresponda na busca do modelo educativo sinalado no CEIP Ponte dos Brozos. Esta vía, este blog, é, para min, un lugar estupendo no que manifestar este compromiso público. Acabo de dar un paso adiante. Hai alguén máis?
    José Luis González

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan