POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

03/09/2013

LISTA PROVISIONAL DE USUARIOS ADMITIDOS 13/14

Abaixo en pdf a lista de usuarios admitidos na reunión da XD do 02/09. Todos eles ingresaron as cotas de socio, seguro e no seu caso a fianza ate o 31 de agosto, e fixeron chegar a documentación de inscrición de socios e usuarios á Asociación en tempo e forma.

Quen fixeron os ingresos correspondentes antes da data indicada, e non aportaron a documentación precisa, poden facelo durante os próximos días, se teñen intención de inscribir os usuarios para o primeiro día do curso.

O día 10 publicaremos a lista definitiva de inicio de curso, que faremos chegar á dirección do centro e ao departamento de Educación. Non será admitido/a no servizo ningún neno/a que non figure nela.

A próxima reunión da XD na que se poderá estudar a admisión de socios e usuarios terá lugar o 12 de setembro, xoves. Ate entón, non se estudarán novas inscricións para os servizos, que en todo caso serán efectivas para o día primeiro da seguinte semana.

Lembramos que hoxe martes, 3 de setembro, no Centro Cívico e Cultural, no paseo fluvial, desenvolveremos o acto de presentación da Asociación para o curso 13/14. Ás 17:30 hs.

Un saúdo,
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e