Lembrámosvos que para poder atender o servizo é preciso que deixedes unha muda de roupa nas instalacións do comedor. Entregádella a Fina, que é a monitora que o atende, nunha bolsa rotulada cos datos do neno ou da nena.
As mestras de infantil están ao tanto do funcionamento do servizo e a dirección do centro ten unha listaxe cos nomes dos inscritos. Se fora necesaria a intervención de Fina, as mestras chamarana directamente ao 676 881 720. E ben cando veñades recoller a nena ou o neno, se están en algún dos outros servizos, ou ben por un sms ou correo se só están apuntad@s a cambiadores, se vos indicará que tendes que renovar a muda.
Se tendes calquera dúbida ou comentario, xa sabedes onde estamos.
Un saúdo,
XD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.