POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

19 de set. de 2013

PRIMEIRO PASO

Comeza un novo curso coa sensación de primavera, máis que do outono próximo. A prima vez para moit@s d@s nos@s pequen@s que comezan a súa andaina no ensino institucionalizado. E detrás nós, mamis e papis, novatos e veteranos - e xa sabedes o que din do demo -, reaprendendo o inicio dun período de nove meses (nove meses!) que agardamos sempre que xustifique as esperanzas colectivas que no sistema educativo temos depositadas.

As que acabades de aterrar, con nen@s en 4º de Educación Infantil, especialmente, pero tamén os que chegades a este centro por prima vez en algún nivel, posiblemente estaredes like a octopus nun garaxe nos primeiros tempos. Que saibades que neste hipermacrocolexio nada e sinxelo no eido da organización. Pero nunca tragou a terra a ningún rapás. Hai un traballo espeso da dirección do centro, coa comprometida participación do profesorado e tamén claro coa nosa colaboración, familias vs Asociación, para conseguir que todo funcione.


Pero seguro, seguro, seguro..... que hai cousas mellorables ou xeitos alternativos de facer as cousas. A nós dende a XD da Anpa sempre se nos ocorren algunhas, incluso algunhas peregrinas. E inmediatamente o poñemos en común onde hai que poñelo. Contacto permanente coa dirección do centro, dende o respecto e a cordialidade, que sempre está aberta a escoitar e ter en consideración o que haxa que dicir. E sabemos que hai nais e pais que tamén pensan nisto, e algúns decídense a sácalo á palestra. Primeiro paso. Se somos máis ou menos afortunados na expresión cando falamos do que afecta aos seres vivos que máis nos importan na nosa vida, non é para pensar en intención de destruír ou de faltar ao respecto. Un pouquiño de relaxing cup of coffe, please. Basicamente porque estamos todas xuntas nesta responsabilidade.

O segundo paso, ao noso entender, e facer causa delo. Non deixalo pasar como un simple desafogo. Asumir a necesidade de definir a análise con claridade e limpala das primeiras sensacións viscerais, construír unha proposta e que chegue alí onde todo se decide nos colexios públicos: o Consello Escolar. Mentres a lomce non arrase con todo, claro.

(Fin da 1ª parte)
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan