Con permiso, reproducimos a resposta por correo-e a unha pregunta dunha nai. Neste caso da última que se interesou por saber algo que precisaba. Grazas Amalia.
Ola Amalia,
o calendario escolar o di con claridade. O curso comeza o 1 de setembro e as clases en Educación Infantil e Primaria comezan o 11 de setembro, salvo casos especiais.
Pero si hai unha diferencia entre E. Infantil e Primaria. No noso cole, o día 11 para E. Infantil, é un día de presentacións coas nais e pais, para cada idade dos nenos/as nun horario distinto. Os de 4ºEI (tres anos) teñen a partir do 12 un período de adaptación que este curso durará ate o día 20 inclusive, segundo sabemos a día de hoxe, no que irán incorporándose ao funcionamento normal aos poucos. O resto de EI comezarían as clases con normalidade xa o día 12. A referencia ao día 10, poida que veña do Colexio Novo, segundo nos comentaron esta maña compañeiras da Anpa de alí.
Os servizos organizados e xestionados pola Anpa, comezan o día 11 ás 7:00 hs* da maña, ao completo. Incluíndo a atención aos nenos no período de adaptación, tamén este día 11, durante as presentacións. Este é un servizo sen custe repercutido para os usuarios inscritos.
Se mo permites, quixera facer desta conversa unha entrada no blog, quitando a referencia á túa persoa (ou sen quitala), de maneira que poida servir para todas as familias.
E de paso comentaremos que algunhas das obras continuarán durante este inicio do curso, para finalizar entre outras cousas a instalación das pérgolas que cubrirán os pasos entre un pavillón e outro. Isto suporá durante algún tempo cambios nos traslados dos nen@s dun lado a outro, tamén para os servizos que nós xestionamos. En calquera caso, estarán ben sinalizadas e coas correspondentes medidas de seguridade.
Saúdos,
XD
XD
*Evidentemente, para os que estén inscritos segundo as condicións publicadas.
Caray.. son famosa xa.. !! Gracias por todo Heriberto, unha vez mais felicitacions polo voso traballo porque ainda que parezca que esto non leva nada, require unha certa dedicación, e os demais pais nos olvidamos de esto moitas veces.
ResponderEliminar