POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

5 de set. de 2013

TROCO


Pois esa é a idea.

Tes na casa libros de texto, material escolar, mandilóns, chándales, calzado, libros de lectura, dicionarios,... que xa non precises?

Poida que a alguén lle sirvan.

Non miramos quen trae nin quen leva, non miramos que traes nin que levas.

E a roupa que quedou no comedor do curso anterior tamén estará por alí.

Aquí a lista dos libros de texto 13/14. Lembrade que só os de 3ª a 6º son reutilizables, se están en condicións, e que algúns deles cambiaron do curso anterior para este.

Se precisades algo que non este, na parede de cortizo tamén podedes deixar unha petición escrita.
(Unha calculadora científica, un reloxo despertador, libros da ESO, unha mesa de estudo, un chándal da 44,....).

Saúdos,
XD

2 comentarios:

  1. Compartamos pois .. para que se entere a maior xente posible.. Este tipo de iniciativas parecenme estupendas..

    ResponderEliminar
  2. Temos cartaces feitos para colocar pola vila adiante, con respeto ao mobiliario urbán (nada de farolas, paredes, tendas pechadas,....). Pero seguro que todas coñecedes algún local ou sitio distinto onde lles encantaría colocalos á vista. A alguén lle a.p.t.c.?
    Tamén esta no G+. Que imos empezar a movelo. Coa vosa axuda.
    H.

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan