POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de out. de 2013

CIRCULAR 2 - 13/14

CIRCULAR INFORMATIVA 2 - 2013/14
07/10/13

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

En cumprimento das miñas atribucións, e segundo indican os estatutos, convoco as familias socias a unha Asemblea Xeral Ordinaria, o día 22 de outubro de 2013, nas instalacións anexas ao comedor, ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura da acta da Asemblea anterior e aprobación se procede.
  2. Información sobre o número de socios e usuarios admitidos.
  3. Presentación á aprobación das contas do exercicio 12/13.
  4. Proxecto de acción para o curso 13/14.
  5. Toma de postura encol da folga do ensino convocada para o día 24 de outubro.
  6. Rogos e preguntas.

Requirirase identificación.

Arteixo, a 7 de outubro de 2013
Heriberto González López
Presidente


INFORMACIÓN PRELIMINAR

1. O que corresponde no inicio da Asemblea.

2. Antes da Asemblea haberá unha nova reunión da XD, o 14, para a admisión de socios e usuarios. Estamos agora en 247 familias socias. Segundo imos incrementando o número de usuarios imos adaptando o funcionamento dos servizos. Pero lembrade que para o xantar temos unha limitación: 282. Agora mesmo temos 266 inscritos en calquera das tres modalidades para ese servizo.  Mentres o resto dos servizos son de acceso libre para os admitidos como usuarios, este é só para os que o solicitaron. En estas condicións quedan 16 prazas dispoñibles. Unha vez cheguemos ao máximo, a lista de agarda comezará nas condicións especificadas na convocatoria.

3. Iniciando a aplicación dos novos Estatutos, nesta Asemblea a tesoureira presentaranos as contas do curso anterior, nun formato contable, dun xeito similar a como o fixo xa na Asemblea do 25M. A documentación relativa a dita contabilidade pode ser consultada en calquera momento no local social.

4. O traballo da XD está moi centrado na xestión dos servizos. Nesta XD consideramos que a Asociación debería cando menos adicar unha atención similar a outro tipo de actividades. Temos moitas propostas de empresas e entidades para organizar actividades relacionadas coa formación de nais e pais, ou dirixidas ás familias no seu conxunto. Pero non percibimos que haxa nin interese nin necesidade asumida por parte do colectivo de organizar este tipo de accións. Na Asemblea imos formular en máis detalle propostas nesta liña, pero queremos ir adiantando información para medir o que vos gustaría.

5. Igual que fixemos na anterior convocatoria, consideramos que debe ser a Asemblea quen se pronuncie sobre a folga do 24. O que non quita que podamos apoiar decisións relativas á protesta contra a lomce previamente.

6. O que se vos ocorra. Os casos particulares, os luns de 17 a 19 hs no local, por favor. Pero todo o que poida ser de interese común, traédeo a colación sen reparos. Neste colectivo nunca sobra falar. Falar, co respecto, a educación e a tranquilidade que queremos intentar transmitir @s nos@s fill@s.

Saúdos,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan