POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

12 de out. de 2013

TALLERES DE CORRESPONSABILIDADE

Talleres de corresponsabilidade

O CIM de Arteixo ofrécenos a posibilidade de desenvolver uns obradoiros de corresponsabilidade para as nenas e os nenos usuarios dos servizos.

Podemos facer un grupo de EI e 1º de primaria, e outro de 2º a 6º de primaria. Precísanse 8 inscritos como mínimo para desenvolvelos. Máximo 16 por grupo. A inscrición realizarase con lista, facéndollo saber a Eva ou comunicando no correo electrónico. O prazo de inscrición remata o 11 de outubro. Os obradoiros desenvolveranse na ludoteca de infantil, no pavillón III, de 17 a 18 hs, dous días a semana, a partir do luns 14. Se hai dous grupos, luns e xoves un, martes e venres outro. Se hai un só grupo, martes e xoves. Isto durante tres semanas. Pódense apuntar nenas e nenos que normalmente non estean a esa hora no colexio. Cando remate cada sesión, volverán para o comedor.

Tod@s @s participantes recibirán ao rematar un agasallo do CIM.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan