POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de mar. de 2014

CIRCULAR 10 - 13/14

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Xoves, 3 de abril de 2014, ás 19:00 hs en primeira convocatoria.

No día de onte, ás 12:00 hs, en Santiago de Compostela, asistimos a unha reunión para a que fomos convocados pola Consellería de Educación, na que compartimos asento con outros representantes de Anpas, e onde se nos informou da proposta de dito organismo de asumir a xestión do servizo de comedor de todas aquelas que así o consideraran oportuno, dentro de plan que iniciaron xa no curso anterior.

Previamente recibimos por correo electrónico e correo postal información sobre a convocatoria e as condicións nas que se formula a proposta, que incluimos como enlace na versión dixital desta circular, e da que facilitaremos copias na Asemblea.

Será a Asemblea quen decida se queremos ou non traspasar a xestión do comedor escolar á Consellería. E  posteriormente temos que comunicar a decisión coa data límite do 7 de abril.


Resumindo, a información previa e a que onte recibimos en Compostela, incluíndo as respostas ás preguntas específicas que nós formulamos e as de outras Anpas.

1. Non hai obrigación de aceptar a proposta. A Anpa podería seguir xestionando os servizos nos próximos cursos se así o decidimos, co acordo do Consello Escolar, por descontado, como todos os anos. Pero se aceptamos, non hai volta atrás. Tampouco se asegura que poidan ofertar esta opción en outra ocasión.

2. A Consellería só asume o servizo de mediodía, o xantar, cun tempo máximo de dúas (2) horas. En ningún caso asumen o resto dos servizos, madrugadores, cambiadores, ludoteca e merenda, nin hai plans na Consellería para facelo no futuro.

3. No curso 14/15 terían preferencia os usuarios do 13/14, pero a partir do seguinte todos os usuarios estarían sometidos á normativa específica da Consellería.

4. As condicións de pago dos servizos serían dende o primeiro momento as establecidas pola Consellería, isto é, pago en función dos niveis de renda e por uso diario. Unha falta non comunicada previamente no prazo indicado cóbrase igualmente.

5. A partir do curso 14/15 quen tería o control directo sobre a xestión do comedor sería exclusivamente a dirección do centro. Especificamente o director do centro debería estar durante o tempo de prestación.

6. O servizo de xantar pasaría a ser de catering, salvo que no concurso público para a provisión do servizo houbera quen fixese unha oferta que incluíse cociña e esta fora aceptada. 

7. O número de prazas o fixa a Consellería, e o fai público para o proceso de solicitude. Inicialmente, considerarán a cantidade de usuarios deste curso, coa previsión de incremento de entre un 5 e un 10%.


Dende a XD entendemos que se a Asemblea decide traspasar a xestión do xantar, que a Anpa asumira o resto dos servizos sería complicado, fundamentalmente por que os custes repercutidos para os usuarios pasarían a ser elevados. Aínda así solicitamos presupostos para poder valorar esta opción.

E ao mesmo tempo, iniciaremos conversas co departamento de educación do Concello para estudar a posibilidade de que sexa dita entidade quen asuma o resto dos servizos.

A partir de agora abriremos un tema en TRIBO* para falar da cuestión,  intentar responder preguntas concretas coa información que xa temos, e actualizar a información ao respecto segundo se vaia producindo.


*Lembramos que o acceso ao foro e gratuíto, apto para todas as idades e non precisa máster en comunicación dixital. Con tal de saber quen fala... (condición que si pode ser excluínte)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan