POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

28 de mar. de 2014

SORTEOS E EQUIPOS

SORTEOS VARIOS


XUNTA ELECTORAL


O luns 31/03 na reunión ordinaria da XD, terá lugar o sorteo dos membros da Xunta Electoral que atenderá o proceso de elección dunha nova directiva de aquí ate á Asemblea Xeral Ordinaria de fin de curso.


O sorteo será público, e terá lugar como segundo punto despois da lectura da acta da reunión anterior, e antes da admisión de novos socios. Mediante un sistema de papeletas buscarase un número de socio de entre os 267 actuais. 

Unha vez definido o número de socio, os escollidos como titulares para a Xunta Electoral serán este e os dous seguintes en orde crecente. E os suplentes serán os 6 seguintes. No caso de que algún dos números coincida con algún dos membros da actual directiva se saltará e pasará ao seguinte. Se na ficha de socio só figura un membro adulto, ese será o designado. Se fosen dous a designación recaera sobre o primeiro deles tal e como aparezan na ficha de inscrición de socios. Excepcionalmente o outro titular poderá asumir o cargo por propia vontade coa renuncia expresa do outro membro.

A comunicación dos electos farase individualmente a cada familia socia e como indica o regulamento será publicada no taboleiro de anuncios e no blogue.

En calquera caso, lembramos que segundo o artigo 22e) dos Estatutos, son deberes das persoas asociadas (entre outros) “Aceptar e cumprir coas designacións de cargos especificados no regulamento electoral como membros da Xunta Electoral, salvo por forza maior”.

CHÁNDALES


Para este sorteo agardaremos a que remate o horario de atención, contabilizar os últimos chándales reservados, e contrastar cos dispoñibles. Por modelo e talle, para os que haxa máis peticións que unidades, sortearanse escollendo entre as papeletas de reserva ate rematar cos que haxa. Isto supón que poderiades levar todos os que pediches, uns si e outros non ou ningún. Non vai ser antes das 19:30 hs, por se alguén quere asistir.

EQUIPOS INFORMÁTICOS


O sábado 29 (maña) ás 11:00 hs estaremos no local para facer unha primeira sesión de revisión de equipos. Os que xa comunicaron o seu interese en participar están avisados. Se aínda hai quen lle preste, que traia a ferramenta precisa e algun ladrón ou alargadeira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan