POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

7 de mar. de 2014

CIRCULAR 8 - 13/14

RESUMO DA ASEMBLEA X. E.

Tiñamos un vídeo preparado para a espera entre a 1ª e a 2ª convocatoria, como temos feito noutras ocasións, pero non tivemos ocasión, nin de sacalo da carteira. Para quen o queira mirar está na rede.


Comezamos a Asemblea en segunda convocatoria. A Asemblea decidiu por unanimidade a externalización da xestión administrativa, en base a uns parámetros determinados. A XD contactará coa entidade elixida para pechar as especificacións do servizo a prestar. Os custes do servizo serán incluídos no presuposto xeral e repercutidos.

Para contar o fundamental da primeira revisión de inventario, elaboramos un vídeo onde fomos mostrando o que tiñamos no almacén. E puxemos a disposición dos asociados asistentes algunhas mostras físicas. A Asemblea aceptou os criterios propostos para darlle uso aos materiais inventariados. Uso interno para actividades ou eventos propios, cesión ao CEIP en segundo lugar, e finalmente a outras entidades.


Especificamente adoptamos dúas decisións concretas.
  • Poñer á venta os chándales, só para as familias socias, a 5 euros unidade.*
  • Organizar a revisión dos equipos informáticos para darlles operatividade para o uso nos servizos  e/ou poñelos a disposición dos socios.**
A Asemblea analizou a proposta da XD sobre Acción Social e aprobouna nas condicións formuladas por esta.

Despois de comentar a iniciativa sobre a volta ao sistema de re-utilización dos libros de texto, a Asemblea acordou solicitar a convocatoria dun Consello Escolar para a votación da proposta. Posteriormente emitiremos un comunicado de prensa e no caso de que a resolución do Consello sexa a prol, farémola chegar á Confederación de Anpas Galegas para que a eleve á Consellería de Educación, xunto coas do resto das Anpas que así o consideraran.

A XD explicou tamén outras cuestións, sobre a proposta de arranxos no colexio e especificamente nas instalacións dos servizos. Tamén sobre o calendario electoral. O 31/03/14 terá lugar unha reunión ordinaria da XD onde se desenvolverá o sorteo dos membros da Xunta Electoral. O venres 4 de abril terá lugar a primeira reunión de dito órgano, onde entre outras cousas se aprobará o censo electoral e o calendario electoral, pensando en celebrar á Asemblea Xeral Ordinaria de fin de curso o 27 de maio. Se a XE aproba o borrador de calendario, o prazo para presentar candidaturas abranguerá dende o 14 de abril ate o o 4 de maio.

* A mecánica para facerse con eles será comunicada en breve.
** Faremos unha convocatoria detallada para traballar en esta cuestión.

REPARTO DE CARNÉS

Os asistentes á Asemblea foron recibindo o sobre coa copia dos Estatutos, o Regulamento Electoral e o RRI. A partir de agora estaremos repartindo os sobres nas instalacións dos servizos. Todos os que non son usuarios ou non o recollan alí, o poderán facer no local social os luns no horario de atención. Se houbera algún erro, no contido ou formato, facédenolo saber para corrixilo. O carné será o documento acreditativo para o acceso aos descontos vinculados ao convenio co CCA e para calquera outra iniciativa que adoptemos nese sentido.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Pensamos en recuperar esta actividade que no pasado reportou bos beneficios emocionais para as familias participantes. Falamos dun desprazamento en familia, nun medio de transporte colectivo (autobús ou tren), a un espazo de actividades múltiples, cun programa detallado que contemple diversos aspectos. As datas poderían ser do 1 ao 4 de maio (o 2 non hai clases). Poderíamos aceptar a participación de familias non socias, pero tanto para unhas como para as outras a inscrición suporía unha achega económica específica, como garantía de praza e como participación no custe total. Para poder considerar facela, temos que saber cantos de nós estaríamos interesados. Non aceptaríamos menores sen a presenza de algúns dos seus titores legais. Abrimos un primeiro prazo de pre-inscrición dende agora ate o 17 de marzo. Quen teña interese que poña unha nota en papel no caixón de correo branco ou por correo electrónico, indicando cantos adultos e cantos menores. Se queredes facer algunha suxestión sobre posibles datas, destinos, contido das actividades, ... no mesmo papel ou correo. E claro sempre facendo constar quen escribe. Co que resulte disto faremos xa unha convocatoria máis específica ou darémola por desistida.

REUNIÓNS DA XD

Como xa comunicáramos a finais do ano anterior, decidimos facer unha reunión ordinaria da XD o último luns lectivo de cada mes, principalmente para que os posibles interesados en solicitar a súa vinculación como socios tiveran un calendario para poder facer os pagos e a presentación da documentación precisa. Ademais todos sabemos cando vai ser a próxima reunión ordinaria, á que calquera socia/o pode acudir, co único compromiso de aceptar as reservas e exclusións que se lle indiquen sobre a información a tratar. E en atención aos posibles solicitantes tamén informaremos das reunións extraordinarias cando exista a posibilidade técnico/temporal. A próxima Extra será o luns 10.

Saúdos,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan