POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

14 de mar. de 2014

CIRCULAR 9 - 2013/14

CHÁNDALES

Seguindo a idea do que se falou na Asemblea, definimos as condicións e establecemos a mecánica. De momento, un (1) chándal por membro inscrito da familia socia. Inscrito quere dicir que figura no carné de socio. E figura no carné de socio porque cando se presentou a documentación de inscrición este curso aparecían nela. Os nenos e as nenas, normalmente están. Os adultos masculinos adoitan non estar.

Non se aceptan cambios nin devolucións.

Non consideramos a combinación de talle parte de arriba parte de abaixo. Pero si hai partes soltas de arriba e algunha de abaixo, non coincidentes en talle. Pódense levar tamén de a dúas ao mesmo importe que un chándal completo.

Non se fan reservas online, nin por teléfono, nin por escrito. In situ.


Procedemento

Unha consideración previa. Somos xa 270 familias socias. Temos 110 chándales dun modelo e 16 de outro, de diferentes talles. Talles dende a 3 ate a XXL nun modelo e da 4 á 16 no outro. Tocariamos a 0,46666.... por familia. Entón:

  • Ves o luns 17, o 24 ou o 31 probar/escoller. Segundo vas chegando, no horario de atención, vas pasando a probar. De a un. De a unha.
  • Facemos a reserva dos que escollas, co teu nº de socio.

  • O día 31, contaremos as peticións de reserva. Se os que hai cobren o que pedichedes perfecto. Se hai máis peticións que uds. (por modelo e talle), primeiro para os que tiveran comprado chándales nos tres últimos cursos (incluído este), e logo por sorteo puro.

  • Co que sexa, volo comunicaremos por correo-e, sms, guasap ou chamada. Ingresas o importe correspondente (5€/ud) na conta da Anpa no Etche, facendo indicación do teu nº de socio.
  • Volves recoller cando queiras/podas (os luns lectivos seguro no horario de atención, o resto dos días se nos pillas por alí) co teu carné de socio.
  • E despois do 11 de abril, o que non este pago, volve para o estante, para quen queira de novo e para os que queiran repetir, segundo vaian vindo miralos.


O RESTO DOS CARNÉS

A maioría xa se repartiron nas instalacións dos servizos. O resto están no local. Pódense recoller no horario de atención. Intentaremos a comunicación por correo-e cos que faltan.

A lista dos comercios e empresas adheridos ao convenio co CCA, estará publicada no blogue en breve, e actualizarase cando haxa modificacións.

Agradecemos especialmente a todos os que devolveron a documentación que xuntabamos nos sobres ter respondido á nosa petición expresa. Non ten moito sentido pedir un programa de re-utilización de libros de texto e non practicar co exemplo. Pero tamén podedes quedar con eles se o considerades oportuno.

Lembramos que os tres documentos están a disposición pública en formato pdf no blogue.

PLAN DE REVISIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Non imos ser nós os que poñamos día e hora. Os voluntarios mandan. Pedimos colaboración de socias e socios que estean dispostos a probar, revisar e actualizar os equipos dispoñibles. En primeira instancia no propio local da Anpa. En segunda, coa posibilidade de levalos para fedellar con eles na casa e logo traelos de volta. Os interesados en colaborar, contactade (vía correo-e preferiblemente) para quedar cando vos veña ben e algún de nós tamén poda.

Un saúdo,
XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan