POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

3 de maio de 2014

CANDIDATURAS


Convocamos a quen poida ter interese en formar parte dunha candidatura formal para a elección da Xunta Directiva.

A calquera que en algún momento considerase a posibilidade de xuntarse con outras nais ou pais para asumir na medida das súas posibilidades a función de representación, xestión e control da Asociación no seu conxunto.

Se a dificultade é, como falamos no foro, de non ter o contacto dabondo como para articular un grupo candidato segundo o regulamento, imos intentar superala.

Luns, 5 de maio de 2014, 19:30 hs, nas instalacións anexas ao comedor (onde case sempre).

Haberá monitor@s para atención aos menores se fora preciso.

Sentémonos diante dunha cup of coffe ou similar, coñecédevos e decidide se preferides que a quen Alex lla de San Brozos lla bendiga ou se queredes voluntarias e voluntarios. 

60 minutos deberan chegar para arrincar.

E se xa hai quen teña decidido colectivamente a presentación dunha candidatura, pois poderán aproveitar para presentarse e mesmo para abrir a porta a outr@s descoñecid@s.

Non vos reprimades para pasar a bola.

Saúdos.

XD


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan