POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

8 de maio de 2014

COMUNICACIÓN DE ACTA

Acta Reunión Xunta Electoral


Presentación de Candidaturas


Sendo ás 18:15 hs do 8 de maio do 2014, en presencia da Secretaria* da Asociación,  reúnese a Xunta Electoral para o proceso de renovación da Directiva no curso 2013/14.

Unha vez posto en coñecemento dos membros por parte da Secretaria que non se presentou no prazo establecido ningunha candidatura para o proceso electoral, segundo o indicado no regulamento electoral e nos Estatutos, a Xunta Electoral acorda:

1. Darlle a indicación ao Presidente da Asociación para que convoque ás familias socias a un sorteo público, a celebrar ás 20:00 hs do mércores 28 de maio de 2014, no local social, no que se escollerán 6 titulares e 6 suplentes para asumir os cargos de representación da Xunta Directiva a partir da celebración da Asemblea de fin de curso.

2. Modificar o calendario electoral para trasladar a data da Asemblea Xeral Ordinaria de fin de curso ao xoves 29 de maio de 2014, momento no que os titulares e/ou suplentes escollidos no sorteo deberán presentarse para a toma de posesión de cargos perante o resto dos socios.

3. Establecer a premisa de que a nova Xunta Directiva deberá convocar ás familias socias a un novo proceso electoral antes do remate do próximo curso 2014/15 como moi tarde.

Asemade, acorda definir o sistema para o sorteo e o procedemento da avaliación das causas de forza maior para a renuncia ao cargo por sorteo:

a) O sorteo farase extraendo un número de socio, mediante a escolla de cifra das centenas, decenas e unidades. O resultado será o primeiro e os cinco seguintes correlativos serán o total dos seis (6) titulares, sendo os seis (6) seguintes os suplentes. Por defecto, a persoa escollida será o primeiro dos nomes que figure no carné de socio, salvo renuncia expresa deste e aceptación da segunda por escrito no caso de figurar dous. Se calquera dos números fora dalgún dos membros da XD nos últimos seis anos, salvo indicación expresa en contra previa ao sorteo, serán excluídos automaticamente da lista e pasara ao seguinte número.

b) A presentación por escrito da xustificación de causa para non asumir o cargo resultante do sorteo, deberá facerse antes da celebración da Asemblea, e será a Xunta Electoral quen decida se aceptar, denegar ou trasladar á propia Asemblea a petición de exclusión.


A Presidenta da Xunta Electoral transmite este acordo á Xunta Directiva para que o comunique ás familias socias á maior brevidade.

*Actúa o presidente en funcións pola ausencia xustificada da secretaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan