POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

28 de maio de 2014

CIRCULAR 14 - 2013/14

XORNADA DE FAMILIAS


Cronograma*


10:00 hs Recepción de participantes.
10:30 hs Inauguración da instalación do mural cerámico.
11:00 hs Inicio dos grupos de debate.
11:45 hs Presentación de proposta de actividade para o curso 14/15.
12:15 hs Merenda matutina.
12:45 hs Continuación dos grupos de debate.
13:00 hs Presentación de proposta de actividade para o curso 14/15.
13:30 hs Remate dos grupos de debate.
14:30 hs Xantar en familias. Foto de grupo.
16:00 hs Sobremesa: Maxia en familia.
17:00 hs Xogos e actividades en familia.
18:30 hs Fin de festa.

*Aberto a modificacións en función da participación e necesidades de organización, da disposición de espazos e das suxestións ou peticións dos inscritos.



Inscrición


Ate o venres 6 de xuño inclusive. Cubrir e entregar ficha de inscrición por correo electrónico ou na caixa de correo do comedor.  Gratuíto para familias socias. As familias non socias pagan 10 euros por adulto asistente (Servizo de monitorado, merenda matutina e xantar incluídos).


Detalle

Durante toda a maña desenvolveranse actividades lúdicas para as nenas e nenos asistentes.
Os grupos de debate organizaranse en función da cantidade de adultos inscritos, con arredor de 15 participantes en cada un ou ben nun só grupo cun máximo de arredor de 30 adultos.
En razón desta posible distribución, os temas a tratar poderán ser máis ou menos diversos. Inicialmente propoñemos os seguintes:

  • Grupo de aproveitamento de recursos informáticos. Agardamos que coa participación de algún dos pais que estiveron estudando as posibilidades técnicas dos equipos almacenados. Coa idea de decidir sobre a súa aplicación práctica para actividades nas instalacións dos servizos.

  • Grupo de Decoración. Especificamente para a definición dun proxecto de arranxo da habitación das camitas, co-participado polas nais e pais tamén para a súa realización efectiva antes do inicio do próximo curso escolar.

  • Grupo de Axardinamento interior. Que desenvolva a idea da utilización de plantas para a humanización e definición de espazos nas instalacións e asemade para o estudo do posible impacto na eliminación de ecos co obxectivo de diminuír os niveis de ruído nos servizos. Cunha compoñente claramente educativa que vincule na súa aplicación, mantemento e coidado as nenas e nenos.

  • Grupo Camiño Seguro. Iniciaría a elaboración dunha proposta para a diminición colaborativa do transporte en vehículo a motor para a entrada e a saída do colexio nos horarios establecidos. Unha proposta que comprometera tanto ao comercio local na colaboración para facilitar que as nenas e nenos poidan vir ao centro e marchar do centro andando por camiños seguros. Unha proposta que permitira o apoio do Concello para a organización de grupos de nais e pais que contribuíran ao control de tráfico durante os períodos de entrada e saída. E que definira proposta didácticas de apoio coa axuda dos profesionais do CEIP.

Entre grupo e grupo, ofreceremos un tempo a algunhas das empresas que neste curso nos propuxeron desenvolver actividades extra-escolares para que nos conten a súa oferta. Temas vinculados co cálculo mental, o reforzo de aprendizaxe, novas formas de aprender inglés,....

Abrimos un tema en TRIBO para recoller ideas sobre onde instalar o mural cerámico, sobre os grupos de debate, tanto para comentar os xa propostos como para propoñer algún novo, e sobre o menú para o xantar. Para este último cada familia pode indicar nas observacións da ficha de inscrición cal prefire de entre todos os que tivemos este curso. Acéptanse combinacións de pratos de distintos días. O día 7, escolleremos o maioritario se hai tal.


CHÁNDALES E CARNÉS DE SOCIOS

A todos os que non viñeron a recoller os chándales que solicitaron, a administrativa lles enviou unha comunicación por correo electrónico ou sms. Na versión dixital da circular se poderá consultar a dispoñibilidade de unidades e talles restantes para a súa adquisición. Vir, escoller, levar e pagar. Se a alguén se lle esquece isto último, lista negra.

Os carnés de socios recentes e os rectificados estarán a disposición no local en breve. E aínda hai dos primeiros feitos sen recoller. Nestes días a administrativa procurará comunicar tanto a uns casos como a outros a dispoñibilidade para recollelos.


NOVO ACORDO COMERCIAL

A empresa CONFORAUTO e a ANPA acordaron unha colaboración pola que os socios terán accesos a descontos en diversos conceptos relacionados co mantemento de vehículos de motor, aplicable en calquera das instalacións das que dispoñen en toda a península. Estes beneficios serán de aplicación cunha tarxeta de fidelidade específica emitida por ambas entidades. Os descontos aparecerán publicados no blogue. Procederase a entrega das tarxetas na próxima Asemblea e a partir dela nos períodos de atención que a nova XD decida.


ULTIMA HORA


A quedada 3 deu como resultado a presentación dunha candidatura con 9 persoas socias. Pendente do visto bo da Xunta Electoral, que se reunirá na data e horario previsto para o sorteo, será a proposta de nova XD que a Asemblea votará no punto 6 da orde do día.


Asemblea Xeral Ordinaria
martes 3 de xuño
19:30 hs a máis tardar arrincará



Saúdos,

XD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan