POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

20 de maio de 2014

CIRCULAR 13 - 2013/14

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Convocada, co acordo da Xunta Electoral, para o martes 3 de xuño, ás 19:00 hs en primeira convocatoria, e ás 19:30 hs en segunda.
A convocatoria está colgada no taboleiro de anuncios e  no blogue.
A seguir, algunhas indicacións sobre a orde do día.



1. Lectura e aprobación da acta.

2. Orzamento da ANPA para o curso 14/15. Vinculado estritamente co funcionamento regular da Asociación. Sendo o normal que incluíra unha previsión para actividades organizadas para as familias, nesta ocasión e debido a ausencia de  candidaturas presentadas, quedará a expensas do que decida a Asemblea Xeral e a nova Xunta Directiva.

3. Orzamento dos servizos de conciliación. En base á conta de gastos e ingresos vinculados aos servizos deste curso, tendo en conta os presupostos facilitados polas empresas xestoras para o servizo de monitorado e a xestión administrativa, e para a cociña. Proposta de cotas para os servizos e votación. A aceptación da contratación e en consecuencia o mantemento dos servizos, queda a expensas da aprobación por parte do Consello Escolar da renovación do permiso para o uso das instalacións e da sinatura dos novos contratos que terá que facer a nova XD.

4. Informe de actividade. Resumo das xestións e actividades desenvolvidas pola Asociación no seu conxunto e a XD en particular.

5. Proxectos para o curso 14/15. Queda a expensas do que a Asemblea e a nova XD decidan no seu momento.

6. Renovación da Xunta Directiva.  Se finalmente non contamos con ningunha candidatura presentada regulamentariamente, as 6 persoas elixidas como titulares e as 6 persoas elixidas como suplentes no sorteo do 28 de maio, deberán presentarse na Asemblea para a toma de posesión como nova Xunta Directiva, salvo a renuncia aceptada pola Xunta Electoral ou a propia Asemblea. A intención da actual XD e convocar a estas persoas a unha reunión oficial para o mércores 4 de xuño, onde se fará a transmisión de poderes, datos e información necesaria para o inicio da súa xestión. E estaremos ate o final deste curso en disposición de apoiar o traballo dos novos membros.

7. Rogos e preguntas.

PROCESO ELECTORAL


Lembramos que como consecuencia de non contar nesta data con candidaturas á XD presentadas regulamentariamente, todas as persoas socias son susceptibles de saír elixidas no sorteo a celebrar o 28 de maio. A renuncia argumentada para non ser incluída no sorteo, sempre a título individual, pódese facer por escrito ben en papel ou por correo electrónico, dirixida á Xunta Electoral. Despois do sorteo e antes da Asemblea, que se a XE o considera poderá ser quen decida sobre a petición, polos mesmos procedementos ate o mesmo momento da celebración. Lembramos que non asumir o cargo, sen ter presentado alegación ou sendo esta rexeitada, supón o inicio dun expediente de expulsión da Asociación.

Se antes do día do sorteo se producise a presentación dunha candidatura, esta sería votada durante a celebración da Asemblea no punto 6º da orde do día.

QUEDADA CAFÉ 2


Seguindo a proposta comentada no foro, convocamos por segunda vez ás persoas que puideran estar interesadas en constituír unha candidatura formal, para o mércores 21 de maio ás 19:30 hs nas instalacións do comedor.

Haberá servizo de monitorado para a atención das nenas e dos nenos.

XORNADA DE FAMILIAS


Buscando evitar a coincidencia con outras celebracións, decidimos convocar ás familias á Xornada de fin de curso, para o sábado 14 de xuño. Desenvolverase dende ás 10 da maña, comezando coa inauguración da instalación do mural cerámico “TENDENDO PONTES” resultado da actividade da xornada do curso anterior. Contará con actividades diversas, para as familias no seu conxunto e para os adultos e menores por separado, xantaremos todos xuntos, e despois da sobremesa, e as últimas actividades pecharemos o día arredor das 18 hs.

En breve, comunicaremos o programa máis en detalle, as condicións, o procedemento e os prazos para inscribirse, pero queremos adiantar unha idea fundamental para este ano. Tanto se finalmente temos unha nova XD voluntaria como se é por sorteo, pensamos en aproveitar esta Xornada, na que nos xa non seremos membros oficiais de dito órgano, para que as familias asistentes no seu conxunto ou organizadas en grupos, poidan ofrecer aos novos membros as súas opinións e ideas para o traballo a desenvolver, e mesmo constituír comisións de apoio para a xestión de actividades concretas.

Saúdos,
XD


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan