SÁBADO 14 DE XUÑO DE 2014
Xa temos un grupiño importante de persoas, adultos e menores, para falar, xogar, xantar e pasalo ben. Podemos chegar ate 50 de cada, logo aínda vos podedes apuntar se considerades que a oferta pode resultarvos atractiva.
10:00 hs
Imos empezando a acceder ao recinto, ola que tal, que bo día temos, cantos sodes, as nenas e os nenos con Eva e Bego para as actividades, os adultos a colocar cadeiras, repartir bolis e carpetas, ir pensando no primeiro dos temas de grupo: Aproveitamento dos equipos informáticos reciclados.
Pero antes, descubriremos a instalación do mural cerámico. Onde? Misterio.
10:45 hs. Primeiro grupo de traballo. Que temos, que se pode facer co que temos, onde, cando, como. E a falar. En 30-45 minutos, definiremos un bocexo de proxecto e buscaremos voluntari@s para constituír unha comisión de traballo que comece a desenvolvelo.
11:30 hs Primeiro faladoiro de propostas de actividades externas: Educaventura: Seminario de técnicas de estudo.
12:15 hs Merenda matutina. Café, cacao, zumes, auga e algo para mollar.
12:30 hs. Segundo grupo de traballo. Tema: Organización espacial nas instalacións vs tratamento do ruído. Non renunciamos. Organización dos servizos, grupos, tempos dispoñibles, accións a desenvolver, distribución por idades, proposta de reformas. Conclusións. Constitución dunha comisión de traballo.
13:15 hs. Segundo faladoiro de propostas de actividades externas: Método Nenoos. Como desenvolver a intelixencia de xeito divertido e eficaz.
14:00 hs. Foto de grupo. Un fotógrafo profesional inmortalizará o momento colectivo. Copias de pago a disposición no seu local.
14:30 hs. Ñam, Ñam.
Empanada e ovos recheos de atún.
Redondo de tenreira ao forno con patacas.
Torta.
Auga e refrescos.
16:00 hs Sobremesa coa actuación do mago Víctor.
16:45 hs. Inicio das activades en familia.
18:00 hs. Fin de festa.
MÁIS INFO
Este é o programa básico de actividades para os menores durante a maña:
Carro dos xogos populares: Zancos, 3 en raia xigante, a chave, sogatira, atrapa a madeira, a ra, sacos... farán as delicias de todas as idades.
- Xogos de movemento: enlazado cos xogos tradicionais, propoñemos unha batería daqueles xogos da nosa infancia: o pano, o brilé, o escondite, etc.
- Xogos con paracaídas
- Obradoiro de marcos de refugallo co obxectivo de elaborar un pequeno recordo deste día, elaborarán un marco de fotos con material de refugallo, plastilina e alkyl.
E para a tarde, todos a xojar:
Propoñemos unha xincana en dous equipos, capitaneados por un monitor cada un deles, que deberán “competir”entre si.
As probas estarán relacionadas con
- Xogos populares: carreiras de sacos, carreiras atados das pernas, buxainas, canicas, zancos, etc
- Fútbol con balón xigante.
- Circuíto con trickers, esquivando diferentes obstáculos. Probas de animación(cancións, coreografías, etc..)
- Tiro con arco.
Ademais aproveitaremos a celebración para distribuír as tarxetas de desconto do último acordo comercial, e repartiremos entre @s asistentes algúns dos agasallos que foron quedando de outras celebracións: camisetas, bolsos de man, complementos, bolígrafos, cadernos,...
Préstavos? Pois xa sabedes, ficha en papel ou por correo electrónico.
Calquera necesidade especial debe ser indicada previamente.
Hola, soy José Ramón y formé parte del grupo de personas que estuvimos viendo los ordenadores para su aprovechamiento y haciendo pruebas para ver qué se podría hacer con ellos, si no hay novedad, contad conmigo el sábado.
ResponderEliminar