POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

6 de xuño de 2014

CIRCULAR 15 - 2013/14

(15, mima!)

Resumo da Asemblea

As persoas socias que asistimos á Asemblea escoitamos. Algunhas falaron. Todas decidimos.

Aprobamos de xeito rutineiro a acta da anterior, aquela na que decidimos quedar coa xestión integra dos servizos. Lembrades?

E despois, aprobamos os presupostos da ANPA para o curso 14/15, por importe de 10.100 euros, dos cales 4.000 serán se somos quen de argallar de onde sacalos para o plan de acción social. Este presupostos aproban o mantemento da cota de socio en 15 euros.


No terceiro punto aprobamos o presuposto para o mesmo período, pero para a xestión dos servizos, arredor do cuarto de millón de euros. Así sona máis forte que douscentos vinte cinco mil. E para poder chegar a cubrir isto, descontada a pequena axuda externa prevista de Concello e Consellería (4%+4% en redondo) decidimos, despois da sopa de cálculos, aprobar ás cotas dos servizos tal e como indicamos a continuación.




















Non hai cambios na de cambiadores nin para a ludoteca. Cambiamos a denominación do servizo de mañas, antes do horario de clases, para madrugadores con ou sen almorzo. E modificamos tanto os importes diarios como os máximos de cada servizo. Se responde ás previsións así será todo o curso. Senón, estamos a tempo de modificala cando sexa preciso.

Ademais a cota de seguro anual baixa tamén de 10 a 5 euros.

Xa chegando ao remate, soubemos das diversas ocupacións na que a XD saínte se entretivo durante este curso en representación e como xestora executiva do colectivo.
E no sexto punto, chegaron as despedidas e as benvidas. Unha nova Xunta Directiva foi aclamada unanimemente pola Asemblea. Estas 9 persoas das que pronto coñeceredes como se organizan internamente serán os que manteñan en marcha a Asociación e a xestión dos servizos no futuro inmediato.

Os que agora deixamos os nosos cargos vos pedimos que lle ofrezades todo o apoio necesario para que poidan exercer a súa función coa seguridade de sentirse parte de un colectivo con cando menos un sentido común. E de paso, agradecemos a todas as familias o que a nós nos deron. Para nós os catro foi unha experiencia nutritiva no persoal e no social.

Elas e eles queren xa comezar a contarvos quen son e como respiran. Así.

Boas tardes socios e socias da ANPA Ponte dos Brozos, somos os nove membros da nova XD que o día 3 foi ratificada na Asemblea que tivo lugar no comedor a partires das 19:30 horas. Agradecervos que depositedes en nós a vosa confianza e esperamos responder cun traballo serio, organizado, atractivo e participativo. Este é un paso novo e importante nas nosas vidas e como pais e nais que somos de fillos e fillas matriculados neste centro, intentaremos estar á altura. Somos cinco mulleres e catro homes, para que se vexa ben que hai paridade, e incluso imos ter Presidenta. Neste primeiro paso de coñecernos e organizarnos, tentaremos tamén poñer o antes posible un horario e un día de atención aos socios e socias no local da ANPA para calquera consulta que nos queirades facer. Non esquezades de que se a ANPA somos todos, a XD sae de membros de esa ANPA.
Para rematar, lembrade que tedes ata o día 6 para apuntarvos para a xornada das familias do día 14 sábado.
Sen mais recibide un cordial saúdo.

E agora.

Previsións


Xornada de Familias. 14/06/14. Prazo de inscrición ate o 6 venres inclusive. Senón contamos con polo menos 20 familias inscritas, quedará para outra ocasión. Menos non xustifica a inversión en tempo de organización nin en cartos do que nos custe.

Atentos ás datas para a solicitude de axudas de libros de texto. Na versión dixital enlace á info. Prazo límite: 2 de xullo.

Programa de verán do Concello. Campamentos de Educación con servizos complementarios. 

Aprobadas no último pleno e pendentes* da publicación no BOP as axudas do Concello para comedores, material escolar e mobilidade para o curso 14/15.

E o prazo para inscribirse como familias socias da ANPA para o curso 14/15 e para ser usuarios dos servizos, previsto para iniciarse o 1 de xullo de 2014. Proximamente nesta pantalla toda a información e documentación pertinente.

Un saúdo,

XD en funcións e nova XD.

*Cando se redactou e enviou a copiar a circular en papel aínda non estaban.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan