POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

26 de abr. de 2016

CIRCULAR AS ANPAS CONVOCADAS POR CIG-Ensino

Reenviamos mail da Federacion Provincial de ANPAs de Centros Publicos da Coruña da que formamos parte. Como din, aproveitamos para informar de que varias ANPAs do Concello de Arteixo nos puxemos de acordo para intentar facer unha charla informativa para informar sobre as "revalidas" a proxima semana. 



" Ola a tod@s

A través de varias ANPAs do concello da Coruña, tivemos información dunha sorprendente convocatorias ás ANPAs por parte do sindicato CIG-Ensino, nas instalacións do CEIP "RAMÓN DE LA SAGRA" para o vindeiro xoves, 28 de abril, "coa finalidade de informarvos das probas de 3º e 6º...".

A vosa Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da CoruñaÉ TOTALMENTE ALLEA a dita convocatoria a cal non queremos calificar neste momento excepto que trátase dunha inxerencia intolerable e irrespetuosa cara a entidade que vos representa e para o conxunto do noso movemento asociativo de nais e país do alumnado coruñés. Unha convocatoria que, con seguridade, ten intereses espúrios e non declarados.

Comos sabedes, a vosa Federación Provincial, xunto coas Federacións Provinciáis de Lugo, Ourense e Pontevedra, integradas na CONFEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS, (CONFAPA), formamos parte da PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA, (xunto a CCOO-Ensino, FETE-UGT, Iniciativa Estudantil Galega, Sindicato de Estudantes de Galicia e o movemento de renovación pedagóxica ESCOLA VIVA. E da que non forma parte NINGÚN PARTIDO POLÍTICO.

A CIG, forma parte dunha plataforma partidaria e tutelada por un partido político, (Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público),  que ten un partido no seu seo que é o BNG, do cal a CIG é a referencia sindical.

Esta Federación ten como liña de identidade a súa característica de apartidaria, de total independencia dos partidos políticos e non admite a tutela nin o patronazgo político de ningún. Somos nais e país organizados activamente, en defensa do Ensino Público e dos dereitos dos nosos fillos e fillas, e escrúpulosos da nosa independencia.

Como sabedes, o pasado xoves, día 21, tivemos unha reunión informativa sobre a convocatoria das reválidas de Primaria, dirixida as ANPAs do concello da Coruña e da área metropolitana. Algúns de vos participástedes nela.

Para aquelas ANPAs do Concello da Coruña, que non poidestes vir á reunión do pasado xoves, si estades interesados en acadar información sobre esas reválidas, aproveitamos para convidarvos, (a Federación e a propia ANPA do CEIP "RAMÓN DE LA SAGRA", a reunión informativa sobre o asunto, que teremos o vindeiro lúns, día 2, nas súas instalacións, as 19:00 horas. (Vai anexo o cartaz deste reunión).

É a nosa obriga informarvos dada a confusión xenerada por esa convocatoria de CIG-Ensino.

Para calqueira cuestión que precisedes non dubidedes en poñervos en contacto coa Federación.

Apertas e saúdos cordiáis.

Daniel Cameselle

Presidente.

Xunta Directiva.

 

Nota: Está prevista nos vindeiros días unha charla en Arteixo, a proposta das ANPAS do Concello, que se suma ás que xa fixemos na Coruña e en diferentes puntos da Provincia "


* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan