POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

10 de out. de 2016

Asamblea Xeral Ordinaria luns 24 Outubro 2016.


Coincidindo coa convocatoria de folga xeral para o mercores 26 de outubro pola CONFAPA, incluimos o punto 5 na nosa Asamblea Xeral Ordinaria, que segundo como indica o noso Regulamento de Reximen Interno:

"8. Se a Asemblea de socios decidira pechar os servizos en razón de convocatoria de folga xeral ou específica, o acordo de dito órgano deberá incluir as especificacións de servizos mínimos, que en ningún caso incluirá a elaboración, procesamento ou distribución de alimentos en ningún horario".

Pasamos á informacion que nos fai chegar a Federacion de ANPAS sobre a folga prevista para o mercores dia 26.

Saúdos,
Xunat Directiva,
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
ANPA PONTE DOS BROZOS (Arteixo)
info@anpapontedosbrozos.org
anpapontedosbrozos.org
facebook.com/anpapontedosbrozos

Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e da Lei 34/2002,de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Correo Electrónico (LSSI), Anpa Ponte dos Brozos garante a confidencialidade dos datos persoais dos seus contactos. Comunicámoslle que a súa dirección de correo electrónico forma parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade da Anpa Ponte dos Brozos, coa única finalidade de manterlles informados das nosas actividades, sexa pola súa condición de socio ou porque nos solicitou información nalgún momento, sexa porque vostede autorizou que os seus datos figuren nun ficheiro automatizado.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.

---------- Forwarded message ----------
From: Fed. Prov. ANPAs. C. Públicos <fedapascoruna@fedapascoruna.org>
Date: 2016-10-10 16:33 GMT+02:00
Subject: COMUNICADO "10 RAZÓNS PARA BALEIRAR AS AULAS O 26 DE OUTUBRO" e CARTAZ
To: "Fed. Prov. ANPAs. C. Públicos" <fedapascoruna@fedapascoruna.org>

Estimadas ANPAS.

Como diciamos en comunicacións anteriores, o día 26 está convocada unha folga de estudantes en protesta polas reválidas cuestionadas por toda a Comunidade Educativa, e en contra da LOMCE. As familias debemos apoiar esta convocatoria de folga xa que pon en perigo o futuro dos noso fillos e fillas, supeditando o futuro do alumnado a unha proba inxusta e innecesaria polas razóns que expomos no comunicado que xuntamos.

 

Pedimos a todas e todos vos que fagades exposición pública nas vosas páxinas webs, redes sociais, nos medios que utilicedes habitualmente para comunicarvos coas familias, na procura de facer a máxima difusión posible do apoio das nais e pais a esta convocatoria de folga.

 

Moitas grazas. Un saúdo

Xunta Directiva Federación Prov. de ANPAS de Centros Públicos da Coruña.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan