Debido ás dúbidas que están xurdindo cos importes cobrados no mes de setembro, a continuación imos a facer un breve resumo da forma de establecer os importes dos recibos, que é igual á dos anos anteriores.
- Cada servizo ten un prezo por día
- Cada servizo ten un importe máximo a facturar, que nunca se pode superar (agás os servizos de ludoteca e cambiadores)
- Cada servizo facturase por día, ata alcanzar o importe máximo do servizo.
Por exemplo o servizo de xantar ten un prezo diario de 5,35€ e un importe máximo mensual de 80€.
Este importe máximo alcanzase sempre que un usuario vai 15 días ou máis ao mes a xantar. Da igual que o neno/a vai a xantar 15 días ou 18 días, nunca se lle vai a cobrar máis de 80€, en cambio se fose menos de 15 días, cobraríaselle o importe correspondente de multiplicar eses días por 5,35€, xa que non acadaría o máximo.
É por isto que no mes de setembro, calquera usuario/a que fose a xantar dende o primeiro día de cole e non faltase ningún día, se lle están facturando 80€.
É vontade da Anpa Ponte dos Brozos evitar o envío deliberado de correo non solicitado, polo cal poderá en todo momento, exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal por correo ordinario, dirixido a: Anpa Ponte dos Brozos, Apdo 70, 15142, Arteixo (A Coruña) nos termos establecidos na LOPD.
Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial.
Se vostede non é o destinatario sinalado, informámoslle que calquera divulgación, copia, distribución ou uso dos contidos está prohibida. Se vostede recibiu esta mensaxe por erro, por favor borre o seu contido e comuníquenolo na dirección do remitente o máis axiña posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.