POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

22 de xuño de 2021

 PRAZOS E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN CURSO 2021-2022

Bos días, debido ós cambios aprobados na última Asamblea realizada o xoves 17/06/2021 na que se aprobou o uso da App Cole Chef para a realización da inscrición nos servizos de conciliación (madrugadores, comedor, ludoteca e cambiadores) adxuntamos toda a información para a inscrición nestes servizos para o curso 2021/2022. Este ano haberá dous prazos:


1º prazo: do mércores 23 de xuño ó mércores 30 de xuño ás 14:00 horas. Haberá que facer os ingresos da cota de socio (15 euros por curso) e do seguro (5 euros por cada neno) nas contas de ABanca indicadas no díptico. Unha vez feito esto haberá que enviar un mail a anpapontedosbrozos@gmail.com e en asunto poñer o nome do neno ou nenos usuarios do servizo e adxuntar copia dos xustificantes de pago. Nese mesmo mail haberá que mandar tamén as autorizacións para á saída,sentencias de divorcio, lei de protección de datos, consentimento de imaxe menores, informes de alerxias...Lembren que a autorización para a recollida debe de ir acompañada dos DNI dos pais e das persoas autorizadas, do contrario non será válida.

2º prazo: do xoves 1 de xullo ó mércores 14 de xullo ás 14:00 horas. Abrese o prazo para facer a inscripción mediante a app "cole chef " na que adxuntamos a carta coas instruccións a seguir, se pode acceder á app escaneando o código QR ou pinchando en colechef.com

Rematado o prazo de inscrición, todas as inscricións realizadas fóra de esa data quedarán en lista de agarda.

Enlace directo os documentos: https://drive.google.com/drive/folders/0B8JykxfAj7bQSHczazVkeDNIa0k?resourcekey=0-FDmWYTSZ5-YF60hVQDUvhA&usp=sharing


Enlace a nosa web, ir a sección "TODO INSCRICIÓN 2021/2022": http://www.anpapontedosbrozos.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan