POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

4 de set. de 2021

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN CURSO 2021-2022


Adxunto enviamos a listaxe provisional de admitidos nos servizos de conciliación (comedor, cambiadores, madrugadores...) para o curso 2021-2022.
A listaxe está ordeada alfabéticamente polo nome do usuario do servizo seguido das iniciais dos apelidos do mesmo.
Tamén se inclúe o nome e inicias dos apelidos dos socios correspondentes a cada usuario.
Mandamos toda a información para que comproben que están ben os datos do curso, data de comezo, servizos contratados...
Os que sexan usuarios habituais dun servizo e lles apareza data o 01/09/2021 como data deixaríase como correcta, os que a teñan mal de momento non modifiquen nada na app ata novo aviso.
Aparecen tamén os días da semana que marcaron na aplicación á hora de contratar o servizo, nos casos en que aparece un 1 quere decir que ese día é de asistencia ó servizo.
Para os usuarios que teñen semanas alternas ou días fixos ó mes (servizo concreto) vailles aparecer o servizo fijo e un 0 nos días da semana (por exemplo: comedor concreto aparecería marcado como comedor fijo pero cos días da semana cun 0).
Os que teñan algún dato mal poden mandarnos un mail ó mail da anpa para que llo modifiquemos ou facelo pola app colechef.
Os que non aparezan na lista e fixeran a inscripción correctamente teñen que responder a este mail indicando o nome do neno e a ser posible reenviando o mail enviado no seu día coa inscripción.

Un saúdo.
Xunta Directiva Anpa Ponte dos Brozos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan