POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

15 de xuño de 2023

APERTURA PROCESO DE INSCRICIÓN SERVIZOS DE CONCILIACIÓN (comedor, madrugadores,..)CURSO 2023-2024

 Bos días, informamos a todos os socios que a apertura do prazo de inscricción para solicitar os servizos de conciliación para o curso 2023-2024 comeza o xoves 15 de Xuño de 2023 ás 09:00 horas e rematará o venres 30 de Xuño ás 14:00 horas. 

A solicitude constará de dúas fases:
1ª-Proceso de inscrición na Anpa ( do 15 de xuño ó 30 de xuño).
2ª-Inscricción na app Colechef ( avisaremos a partir de que saian as listas provisionais de admitidos para poder darse de alta na app).

Como se votou na Asamblea do 11 de Maio, este ano hai unha serie de cambios no proceso de admisión, xa que hai socios que solicitan servizos e despois non fan uso deles, polo que o novo proceso de admisión aprobado é o seguinte:

1. Os usuarios do servizo de xantar no curso anterior, tendo como preferencia: 1º habituais, 2º concretos, 3º esporádicos.

2. Os usuarios con unha irmá ou irmán inscritos no mesmo servizo de carácter habitual.

3.Necesidade de conciliación: ambos tutores traballando en horario do comedor ou familias monoparentais.(Esixirase certificado laboral).

4. A petición expresa do Consello Escolar,Educaciónn,.. feita por escrito, e sempre a título individual.

5. Os usuarios do resto de servizos no curso anterior (Cambiadores non incluído).

6. Os socios no curso anterior.

7. Sorteo.

Para realizar a primeira fase da inscrición é necesario seguir as instruccións: 
-Pagar a cota de socio e de seguro segundo se indica no Díptico adxunto.
-Cubrir a ficha de inscricción.
-Cubrir a lei de protección de datos.
-Cubrir o consentimento de imaxes, en caso necesario.
-Enviar os xustificantes de pago e os impresos solicitados debidamente cubertos e firmados, indicando en asunto: nome completo do neno e curso, se hai máis de un usuario pode enviarse todo no mesmo correo electrónico.
O mail para enviar a documentación é: anpapontedosbrozos@gmail.com
Os prezos dos servizos para o curso 2023-2024 son o seguintes:
SERVIZOPRECIO HABITUAL/CALENDARIOPRECIO ESPORÁDICO
MADRUGADORES SEN ALMORZO1,78€/DIA2,28 €/DIA
MADRUGADORES CON ALMORZO2,90€/DIA3,55€/DIA
COMEDOR5,06€/DIA6,28€/DIA
LUDOTECA 1 H (16:00-17:00)1,12 €/DIA1,33 €/DIA
LUDOTECA 2H (17:00-18:00)1,12 €/DIA1,33 €/DIA
MERENDA (18:00-19:30)2,13€/DIA2,62€/DIA
CAMBIADORESCOTA MENSUALPRECIO POR CAMBIO
 5,90 €/MES2,13 €

servizo de adaptación está sin concretar, pero os que estén interesados poden marcar a casilla correspondente na ficha de inscricción.
As autorizacións para a recollida, saída rápida,... entregaránse en setembro a papel no comedor.


É importante fixarse ben á hora de cubrir os datos, xa que as solicitudes incompletas serán rechazadas.
En cada servizo (menos en cambiadores) hai tres modalidades:
-HABITUAL ( de luns a venres).
-CALENDARIO (semanas alternas, días fixos ó mes,  ...).
-ESPORÁDICO ( se non se sabe cando se vai usar).

Tamén temos a posibilidade do Take Away (comida para levar), na cal lles entregan a comida preparada e perfectamente envasada á saída habitual do colexio e poden comela na casa ( COMO NOVIDADE ESTE ANO PARA TODOS OS QUE ESTEN INTERESADOS, OFRECESE O ACOMPAÑAMENTO POR MONITORES HASTA AS 14:50 HORAS), para que os país que soliciten poidan chegar mais tarde do horario habitual de saida do colexio, e así recoller o neno co Take Away.

Este ano ofrecemos tamén como actividade extraescolar Inglés, que será impartido no colexio pola academia Co:Work:in, polo que os que queiran apuntarse terán que marcar a casilla correspondente na ficha de inscrición, seguindo os criterios de acceso o comedor, completando grupos e aforo según as solicitudes enviadas. Enviamos a ficha de inscrición para aqueles socios interesados donde se explican as condicións da academia.
Segundo se aprobou na Asamblea do 8 de xuño as clases serían de 1 hora semanal cun coste de 24€ por alumno (20 € a pagar polos pais directamente á Academia e 4€ subvencionados pola Anpa). Tamén habería que pagar 15€ de matrícula ó ano directamente á academia, o cal se faría unha vez publicada a lista de nenos que accedan a dita actividade.
 
  ENVIAMOS HORARIOS POR ACTIVIDADE DE INGLES 23/24

Como todos os anos recordamos a importancia de ler ben as instruccións e cubrir correctamente os impresos.Un saúdo e moitas grazas pola súa colaboración

Os archivos en PDF están dispoñibles no Canal de Telegram do Anpa https://t.me/canalapdb , esperando poder subilos a maior brevedade por este medio.

Boas tardes, aclaramos que no díptico se fala do período de adaptación, pero a Anpa non vai ofrecer ese servizo. Só o colexio terá o período de adpatación que estipulen, pero a Anpa non o vai xestionar.
Tamén que a cifra máxima de usuarios que pon no díptico é de 342 pero serán 459 aproximadamente.
En canto á folla de inscricción da Academia de inglés só se cubrirá cando se publiquen as listas de admitidos e nese momento indicaremos como facelo. Sí é necesario que se marque que se solicita inglés na folla da Anpa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan