POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

4 de set. de 2023

 Bos días, enviamos a listaxe definitiva de admitidos en cada servizo de cara ó comezo do curso 2023-2024.

Os que estaban en lista de agarda teñen que darse de alta na app Colechef ou renovar se xa eran usuarios o curso anterior, revisen os datos do alumno e do titor e unha vez feito non lles vai deixar contratar os servizos para setembro, só para outubro porque pasa do día 25. Os que comecen en setembro terán que mandarnos un mail indicando o nome do neno, os servizos que quere dar de alta e modalidade (hab, calend ou espor) e a data de comezo dos mesmos, senón non terán a inscrición rematada. Os que comecen en outubro o poden facer perfectamente pola app.
Nas listaxes figuran os datos que nos enviaron en Xullo, se houbo algunha modificación teñen que verificar que a teñen ben feita na app de cara a que as listas do comedor sexan o máis reais posibles de cara ó personal do servizo.
Toda a demáis información ( portas de entrada, saída, entrega de mudas en cambiadores...) a iremos enviando por mail e polas canles habituais.
Tamén informaremos sobre os obradoiros de inglés nos próximos días.

Un saúdo e bo comezo de curso.

Xunta Directiva Anpa Ponte dos Brozos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan