POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

21 de xul. de 2023

 Hola, boas tardes!

Enviamos esta maña por correo electrónico a todos os socios as instruccións para darse de alta en colechef (novos usuarios) e para renovar (antigos usuarios). Mandamos dous impresos; un coa normativa e outro coas instrucciónsÉ necesario ler primeiro a normativa, para enterarse como hai que facer as altas, baixas e modificacións correctamente, tanto agora como ó longo do curso, e para coñecer ben o funcionamento da app colechef.
A contratación de servizos fixos e calendarios debe facerse sempre antes do 25 de cada mes para que sexa operativa para o mes seguinte. Os usuarios que sairan admitidos nos servizos en Xullo teñen de prazo para facer a inscripción ata o 25 de Agosto. Os que quedaran en lista de agarda e saian admitidos en setembro terán que facer a inscripción despois de que publiquemos as listaxes definitivas ata o 25 de Setembro.
Mandamos tamén as instruccións para renovar ou darse de alta, que unha vez lida a normativa deben pasar a este punto e non antes. No impreso de instruccións hai dúas modalidades, a primeira para antigos usuarios (renovar) e a segunda para novos usuarios (darse de alta). Rógase seguir atentamente os pasos indicados en cada caso para facer a inscrición de forma sinxela e sen erros. Cando teñan que meter o código do colexio teñen que fixarse ben no que poñemos nas instruccións e fixarse de non poñer letra "o" no sitio do cero. Xa se indica en cor azul para os números.
En caso de que non sigan os pasos e lles dea error, teñen que contactar co mail de soporte ou no teléfono que indicamos.
Coma sempre recordamos ler ben as instruccións antes de facer nada.
Un saúdo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan