POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

23 de xuño de 2011

Carta aos pais

Cando un é pai de dous nenos que van comezar o colexio, iníciase unha andaina difícil que na maior parte do tempo ten que percorrerse en soidade. Falo das matriculacións, as actividades extraescolares, xuntanzas cos titores, conciliar os horarios cos nosos traballos, decidir se quedan a xantar no comedor ou atopar outra solución....
 
Comeza a brotar o trebo
Nese intre aparece a figura da Asociación de Nais e Pais co interese de axudar. Ou iso din eles, porque un non sabe moi ben que fai esta xentiña, que se xuntan ali e falan das súas cousas. Ata que te decatas de que as súas cousas son realmente as nosas cousas, e ese interese de axudar consiste en por a disposición da Asociación parte do seu tempo persoal para tratar de solucionar os problemas que poidan xurdir no dia a dia do comedor, xuntarse e manter o contacto ca dirección do colexio, axudar aos pais a que poidan conciliar o seu traballo coa educación dos seus fillos, etc.
 
Seguindo nesta liña, gustaríanos poder manter un contacto máis fluido con todos vós, e esta é a razón de que botemos a andar dous novos eidos de comunicación, dunha banda un blog en internet (anpapontedosbrozos.blogspot.com) e doutra para que ninguén quede sen acceso á información, emitindo regularmente unha publicación impresa, que poderedes recoller no comedor.
 
Sen maís que engadir, por agora, mándavos un cordial saúdo en nome de toda a Xunta Directiva o seu Presidente, Camilo.

5 comentarios:

  1. Hola, son nai de un neno que empeza o cole este ano en setembro. O meu fillo fai os tres anos en outubro, e gustariame deixalo en comedor, pero o que me bota para atras e que non teñan estes nenos que son tan pequenos unha aula para descansar despois de comer, deberiades de tomar nota para ver si e posible.Tamen comentar que o periodo de adaptacion do colexio me parece moi longo, deberia de ser de unha semana, ou quince dias, non mais, pois a maioria son nenos que xa veñen de garderias e estan acostumados a un horario, o cal facilitaria a conciliacion familiar e laboral, pois a min obrigame a coller vacacions neses dias para poder levar o neno o colexio durante ese periodo de adaptacion.
    Espero que esta carta a teñades en conta e haxa mais pais apoiando o mesmo.gracias por poder deixar suxerencias neste blog.

    ResponderEliminar
  2. hola! mi hija tiene 6 años y tambien empezó en el cole con 3, yo segui pagando guardería durante un año más porque la niña necesitaba siesta despues de comer , y entonces no la dejé a comer en el comedor del colegio ya que realmente los niños no disponen de espacio para que puedan dormir,asi que la guardería la recogia a la salida le daba la comida y des`pues dormía una horita, ahora dentro de un año empezará el niño en el cole y me voy a encontrar con la misma duda que hago? pago guardería? creo que sería bueno como dice la madre anterior que se habilitara una zona donde pudieran descansar los niños que lo precisen, entiendo que es complicado, pero se podría intentar. un saludo!

    ResponderEliminar
  3. Efectivamente tal como comentáis el momento de despues de comer con los niños mas pequeños se esta solventando de manera un tanto improvisada, poniendolos a dormir en la sala destinada a televisión, realmente la situación es muy mejorable, estamos estudiando la posibilidad de adquirir unas pequeñas hamacas para que puedan dormir junto con otro mobiliario que queremos renovar este verano, publicaremos aquí lo que vayamos a poner para este caso y lo podréis ver antes. En cuanto al tiempo de adaptación no esta en nuestra mano la cantidad de días de duración ya que es un tema exclusivamente del colegio, pero si deciros que habra un monitor para recogerlos cuando salgan y estarán atendidos hasta la hora de comer.

    Sin mas deciros que me encanta esta via de comunicación.

    ResponderEliminar
  4. Gracias por tomar nota das nosas suxerencias e de tratar poñer solucions a problemas que se nos plantean cos nenos, sobre todo cos pais que traballamos e non podemos recollelos para comer. Si este ano queda solucionado o problema dos pequenos para que se queden a dormir despois de comer, xa me quedo tranquila, e si durante o periodo de adaptacion tamen hai monitores para que se queden cos nenos ata a hora de comer, pois tamen. Bueno, estarei pendiente do blog para ver como se soluciona o tema das hamacas para os nenos este proximo curso.
    Outra cuestion: ¿Durante este primeiro ano de nenos de tres anos seria posible ter algun/a monitor/a por si a algun neno se lle escapara o pis? Hai que darse conta que moitos nenos ainda non cumplen os tres anos ata outubro, novembro ou decembro, que son moi pequenos, e que o empezar nun novo colexio, con novos compañeiros e novos profesores pode pasar que o principio pase eso, co cal os pais que traballamos fora non sempre podemos acudir o colexio para cambiarlle simplemente o pantalon o neno.¿Pode que esto sexa viable?
    Estou encantada de ter este medio para contactar con vos e entre todos poder facer mais facil o que os nosos nenos acudan o colexio e nos quedemos tranquilos os pais sen ter que depender de garderias ou de outras persoas alleas. E un autentico pracer dispoñer de este blog e animo a todos os pais que deixen constancia das suas suxerencias nesta paxina.

    ResponderEliminar
  5. hola son unha nai que tamén comezo este ano un novo recorrido, a miña filla ven da guardería e comeza un novo curso e pareceme moi axeitado o que comentan os meus compañeiros,no meu caso a miña filla necesita siesta, e loxicamente estou valorando se guarderia se Anpa, xa que considero un cambio moi importante para eles e pareceme esaxerado quitárlleles a siesta. Gustaríame saber tamen de que forma podemos colaborar os pais e nais, xa que é necesario mellorar e facilitar as cousas na medida do posible, eu estou disposta dentro das miñas posiblidades a facer todo o posible para botarvos unha man e asi poñer un pouquiño cada un pa que sexa mais levadeiro. Animarvos e agradecer todo o que estades facendo. Un saudo

    ResponderEliminar

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan

Síguenos por correo-e