POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IMAXE

23 de xuño de 2011

COMUNIDADE DE APRENDIZAXE

O mércores 11 de maio, tivo lugar a xornada de clausura das actividades de formación de pais que se viñeron celebrando durante todo o curso no noso centro.

A satisfacción expresada por todos os asistentes, de palabra e xestos - todos sacudindo as máns abertas cas palmas para adiante por riba da cabeza - non se pode medir.

Xusta recompensa, doutra banda, ao traballo dos membros de O Noso Tempo, de Jose Luis González (si muller, ese Mestre do sombreiro), o apoio e colaboración da propia dirección e do persoal que traballa no centro, da federación de Anpas, e por descontado dos relatores, Eduardo, Jacobo e a derradeira incorporación de Sonia.

A todos, e os que falten, grazas.

E queremos máis.

Este encontro de peche de tempada, levaba o título: Ver, Escoitar e Reflexionar. Os que puidemos asistir, disfrutamos da proxección de dous cortos e tres "cortiños". Ningún ten perda, e para os que non puideron ir - tamén entre comiñas?- imos darlles a oportunidade de que os poidan ver dende aquí.

Vestido Nuevo





e Blue Gypsy Parte 1



Blue Gypsy parte 2



os cortiños quedarán para outra quenda.

Mellor para ver en compaña, e logo darlle a lingua, ou á estilográfica... vos veredes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios
_____________________________________________________
NON contestamos comentarios anónimos. Se queres preguntar algo concreto, faino por correo electrónico a anpapontedosbrozos@gmail.com
_____________________________________________________
A Asociación non se fai responsable de comentarios alleos aos editores e administradores do blog.

Ai don anderstan